sábado, agosto 23, 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

XIX Marcha polos Montes de Brión, Domingo 24 de Agosto de 2008

Un ano máis unha andaina de lecer e reivindicación histórica, percorrerá un dos espazos máis fermosos doa nosa contorna, pola mañá ás 10:30 hrs, sairá a lancha que cruzará a nosa degradada Ría até o Castelo de San Felipe, durante o percorrido poderemos ver o despropósito gasístico que a empresa REGANOSA instalóu ilegalmente en Punta Promontorio, coa complicidade das administracións e a maioría dos partidos políticos, e desde alí iremos por S.Cristobal e Cariño, onde poderemos observar a fermosa paisaxe, mais tamén podemos darnos conta do angosto da canle da Ría, duns 4.000 metros de longo, mais moi estreita e de pouco calado, cunha canle sumerxida de apenas 11,30 m de profundidade e 160 m de largo e en zig-zag, cun fondo de cascallo e rocha que teñen que surcar os buques metaneiros cargados con GNL que entran na Ría con destino a REGANOSA, poñendo en perigo a vida de miles de persoas. Mesmo ese día está prevista a entrada do "LNG Norman Lady" que terá que entrar en pleamar diurna, con práctico a bordo e catro remolcadores que auxiliarán ao buque desde “Prioriño Chico- Punta Coitelada” até o Peirao de Mugardos que construíu "Forestal do Atlántico" alegalmente, e do que o Sr. Tojeiro tirou euromillonarias plusvalias coa súa venda a REGANOSA. Logo hai que subir até Monteventoso, onde a a paisaxe brilla pola súa fermosura e desde alí , baixada até Confurco e subida até os Montes de Brión. Aquí xa a paisaxe é total, nada se escapa á vista, mais hai que ter coidado pois a veciñanza de Brión estanos agardando para darnos unha malleira, pois as persoas que disfrutamos da andaina somos os "ingleses invasores". Mais hoxe non é como hai 208 anos, onde eran días de violencia, morte e sangue, pois todo remata en Liñares, pouco antes das dúas da tarde, cun bon xantar e música.

Pola tarde non estaría de mais achegarse á Praza Amada García, frente ao Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, onde o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ten convocada unha concentración, ás 8 da Tarde, en protesta pola entrada na nossa Ría do citado buque metaneiro.


Para información sobre a Marcha de Brión, visitar a interesante web do Clube de Montaña de Ferrol:
http://www.clubmontanaferrol.com/brion.html


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon