Como resposta á expulsión do embaixador boliviano en Estados Unidos, o Presidente Hugo Chávez deu 72 horas de prazo a embaixador Patrick Duddy para abandonar chan venezolano. Chávez ademais anunciou que se avaliarán as relacións con Estados Unidos e responsabiliza a ese goberno do que poida ocorrer co envío de cru a ese país.
___________
Facer click en calqueira video para ve-lo
Poden-se ver outros en radiomundial.com.ve
Poden-se ver outros en radiomundial.com.ve
_____________
YVKE Mundial, RNV
Xoves, 11 de Sep de 2008. 7:17 pm
O Presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, anunciou este xoves a expulsión do país do embaixador dos Estados Unidos en Venezuela, Patrick Duddy, dándolle un prazo de 72 horas para que saia de Venezuela. O Xefe de Estado tomou a decisión logo de que o Departamento de Estado norteamericano decidise expulsar de Estados Unidos ao embaixador de Bolivia, iso en suposta reciprocidade á expulsión do embaixador de Estados Unidos en Bolivia, Phillip Goldberg, acusado polo Presidente Evo Morais de colaborar coa desestabilización no seu país.
"Comezamos a evalúar as relacións diplomáticas con ese país", dixo Chávez referíndose aos Estados Unidos. "Acábannos de informar que Estados Unidos expulsou ao embaixador boliviano. E para que Bolivia saiba que non está soa, son as 7 e 15 minutos", dixo mirándose o reloxo. "A partir deste momento, ¡ten 72 horas o embaixador ianqui en Caracas para saír de Venezuela! ¡En solidariedade con Bolivia, o pobo de Bolivia e o goberno de Bolivia!" Tamén solicitou ao Chanceler Nicolás Maduro, o retiro do embaixador venezolano en EEUU, Bernardo Álvarez. "Que veña dunha vez, antes que o boten de alá".
"¡Váianse ao carallo, ianquis de merda, que aquí hai un pobo digno! (...) Aquí estamos os fillos de Bolívar, os fillos de Guaicaipuro, os fillos de Tupac Amarú, e estamos resoltos a ser libres". Reiterou a intención do Goberno venezolano de establecer relacións con Estados Unidos en base á solidariedade e a soberanía. "Cando haxa un novo Goberno, mandaremos un novo embaixador".
"Fago responsable de todo isto e o que poida ocorrer ao goberno de Estados Unidos, que anda detrás de todas as conspiracións contra os nosos pobos. Fago responsable ao goberno de Estados Unidos polo envío petroleiro de Venezuela a aquel país. Se viñese algunha agresión contra Venezuela, pois non haberá petróleo para o pobo nin para o goberno de Estados Unidos. Nós, ianquis de merda, sáibano, estamos resoltos a ser libres, pase o que pase e custe o que custe."
Ratificou nunha acto de masas celebrado na cidade de Porto Cabelo, que Venezuela é solidaria co goberno boliviano, que nestes momentos vive a violencia opositora. "Non abandonaremos á filla de Bolívar, Bolivia".
"comezamos a demoler o golpe, hai uns que se están indo do país, xa hai persoas detidas"
Enlace orixibnal:
http://www.radiomundial.com.ve
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon