sábado, setembro 13, 2008

A policía dos partidos [Un artigo de Amy Goodman directora de "Democracy Now!"

A policía dos partidos
Publicado o 10 de setembro de 2008
Por Amy Goodman


As convencións nacionais demócrata e republicana xa acabaron, pero o seu financiamento e execución seguen resultando polémicas. Arrestos en masa de manifestantes pacíficos, excesiva violencia policial, desprezo xeneralizado pola Declaración de Dereitos e o acoso e arresto de xornalistas ensombreceron o que debería ser unha celebración da democracia. Os "comités anfitrións", entidades legais que organizan e pagan as convencións, funcionan como arcas repletas de fondos irregulares a disposición dos partidos, fóra das restricións impostas ao financiamento das campañas electorais. Gran cantidade de importantes empresas (e un par de sindicatos) que teñen prohibido doar fondos ilimitados aos partidos políticos, podían achegar o que desexaban aos comités anfitrións das convencións en Denver e St. Paul, Minnesota.

Segundo un artigo recente da revista National Underwriter, "Tanto o Comité Nacional Republicano como o Comité Nacional Demócrata negáronse a facer comentarios sobre as súas decisións respecto ao contrato de seguros, e ata eludiron facer público que empresa aseguraba as súas respectivas convencións." Bruce Nestor, presidente da sede en Minnesota do Asociación Nacional de Avogados (National Lawyers Guild), que despregou a unha gran cantidade de observadores legais polas Cidades Xemelgas de St. Paul e Minneapolis para protexer os dereitos legais dos cidadáns, díxome: "De feito, St. Paul negociou co comité anfitrión republicano a inclusión dunha cláusula especial no contrato de seguro que estipula que os primeiros 10 millóns de dólares de responsabilidade civil por demandas xurdidas a consecuencia da convención serán achegados polo comité anfitrión. A cidade está moi orgullosa de lograr este acordo. É a primeira vez que algo así se negocia entre unha cidade e o comité anfitrión. Pero basicamente significa que nós [a cidade] podemos incumprir a lei e non teremos que pagar por iso". Segundo o Minnesota Independent, máis de 40 xornalistas foron arrestados ou detidos durante a Convención Nacional Republicana.
[Ler o artigo completo no Blog "Difundindo Democracy Now! desde Galiza"]

Democracy Now!
Democracia Xa!
Difundindo Democracy Now! desde Galiza
http://democracia-xa.blogspot.com/

__________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon