De: BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de setembro de 2008 11:02
Asunto: Informacion Iniciativas BNG
O BNG SOLICITA AO PLENO INICIAR O EXPEDIENTE DE RECUPERACIÓN DO CADRO PEQUENO DE ESTEIRO
O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol ven de presentar unha proposta, que será debatida na sesión plenaria a celebrar o vindeiro xoves 25 de setembro, na que solicita que o Concello inicie o expediente para a recuperación para uso público da parcela do Cadro pequeno de Esteiro, actualmente ocupada por Defensa.
Na iniciativa asinada polos concelleiros do BNG, Xoán Xosé Pita e Elia Rico, se destaca que a recuperación desta parcela para uso público axudaría á revalorización do patrimonio monumental de Fontelonga, xa que coa súa recuperación e posterior adecuación estaría aumentando o valor turístico e monumental deste espazo emblemático polo seu significado para a historia da cidade, sen esquecer que se lle devolvería ao barrio a súa fisionomía histórica, cos dous “cadros de Esteiro” : a actual Praza de Ferrandiz e a parcela ocupada actualmente por Defensa.
Consideramos, así mesmo, que o ideal sería a reversión na cidade de todo o conxunto de instalacións militares que ocupa o Terzo Norte de Mariñeiría, sobre todo a cesión do Cuartel de Dolores, que a día de hoxe se atopa infrautilizado.
O BNG lembra na súa proposta que nun dos laterais do Cuartel de Dolores existe unha parcela que formaba parte do denominado Cadro Pequeno de Esteiro e que até mediados dos anos 70 do século pasado era un espazo público que constituía á baixada natural ao conxunto monumental de Fontelonga.
Descoñecemos o procedemento legal mediante o cal esta parcela pasou a formar parte do Ministerio de Defensa e mediante o cal deixou de ser un espazo público para formar parte das instalacións militares do cuartel de Dolores.
Ferrol a 20 de setembro de 2008
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ferrol
Para acceder ao documento "Mocion Cadro Pequeno de Esteiro", clicar acima de cada imaxe.
________________________
__________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
BNG
Esteiro
Propoñen Moción para a recuperación para uso público da parcela do Cadro pequeno de Esteiro
martes, setembro 23, 2008
Propoñen Moción para a recuperación para uso público da parcela do Cadro pequeno de Esteiro
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, setembro 23, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon