martes, setembro 23, 2008

Programación Trimestral [4º do 2008] do Ateneo Ferrolán

De: ATENEO FERROLAN
-administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de setembro de 2008 10:57
Asunto: PROGRAMACIÓN TRIMESTRE ATENEO FERROLÁN



Ola bo día axuntamos a nosa programación pechada de outubro-novembro-decembro, puntualmente informaremos de novidades. Grazas!

Temolo pracer de convidal@s aos actos culturais desta entidade!


PROGRAMACIÓN TRIMESTRAL OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO 2008

Proxeccións de filmes dentro da programación MARTES DE CINE no ATENEO FERROLÁN CICLO “GALIZA: O CINE EN GALEGO”. As proxeccións serán os MARTES ás 19:00 hrs, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán; a entrada é de balde.
En colaboración: Centro Galego de Artes da Imaxe

Diferentes exposicións están programadas no cuarto trimestre de 2008, ademais das exposicións permanenetes dos fondos patrimonio do propio Ateneo Ferrolán (1ª planta) Esculturas, Gravados, Pinturas, Fotografías, Cerámicas..... Entre diferentes artistas contamos con:AGUSTÍN RUIZ DE ALMODÓVAR, SEGURA TORRELLA, CARMEN CHACÓN, MANUEL PATIÑA, GONZÁLEZ COLLADO, JORGE LLORCA, GARAIZÁBAL, MORQUECHO, LAXEIRO, LOUREIRO, CORREA CORREDOIRA, Mª MANUELA, CARLOS VILLAAMIL, XAN XOSÉ BRAXE, JOSÉ LEYRA DOMÍNGUEZ, TOMÁS BARROS, RICARDO PENA, LUIS JAIME, JUAN GALDO, SPELA TROBEC, JUANA PRIETO, LUIS RAPELA, ALBA LEAL ............. entre outros moitos.

RETOMAMOS O NOSO CLUB DE LECTURA – Días 7 de outubro, 4 de novembro e 2 de decembro ás 19,30 horas. CLUB DE LECTURA. Todos os primeiros MARTES DE CADA MES. Encontros coa LECTURA. Xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro.

Todos os MÉRCORES – TERTULIA ás 18 horas.

Todos os últimos XOVES de cada mes – AMICOR ás 20 horas.

Os primeiros mércores de cada mes reunión Grupo Filosófico CIRPÉN ás 20 horas


Outubro 2008.-

Desde o pasado 19 de Setembro até o 15 de Outubro, na Sala de Exposicións do Ateneo Ferrolán (1ª planta), viomos e poderemos ver a exposición de cartaces biográficos do CHE, nunha exposición organizada por Briga o "CHE É D@S REVOLUCIONARI@S"

1 de Outubro, ás 20:00 hrs – Salón de Actos – Asemblea Plataforma Cidadá deApoio ao Cabo Gago

7 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de CONTINENTAL (XAVIER VILLAVERDE, 1989)

  • Duración 100 min. Produción Xavier Villaverde Asociados Produtor Francisco Casal Guión Xavier Villaverde, Raúl Veiga Fotografía Javier G. Salmones
  • Intérpretes: Eusebio Poncela, Jorge Sanz, Cristina Marcos, Feodor Atkine, Alberto Alonso, Héctor Alterio, Marisa Paredes, Fernando Guillén, Xosé Lois González, Gonzalo Uriarte, Manuel Areoso, Carlos Marcet, Orlando Rodríguez, Nancho Novo, Marisa Soto, Elina Luaces, Luisa Martínez, Mónica García Pérez, Eufemia Román Torres, Lola Muñoz, Eduardo Puceiro, Manuel Manquiña, Xabier Lourido, Antonio Simón Álvarez, Marina Casal, Canco Ramonde, Angelita Enríquez, Antonio Durán "Morris", Juan Graell, Antón Reixa
  • Sinopse:Unha vella cidade portuaria, a principios dos anos corenta, o capo Gonçalves celebra o seu triunfo definitivo sobre as bandas rivais. Acompáñano Julia, a súa fiel compañeira, Anabel, a súa cativa e os seus homes de confianza: Otárola, Ventura envexosos do seu poder e Ruda. Pasaron xa moitos anos. Remata a década dos cincuenta e na mesma cidade enfróntanse as bandas de Ventura e Otárola que, despois de asasinar a Gonçalves, repartiron os seus dominios: o negocio da prostitución e o contrabando do tabaco. A cobiza de Otárola lévao a invadir os sectores do negocio controlado polo seu amigo de sempre, Ventura, desencadeando a loita entre as bandas e un clima de morte e terror.

7 de Outubro, ás 19:30 hrs Encontros coa Lectura, para reflexionar e comentar un libro no Clube de Lectura

14 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de DIVERTIMENTO ( JOSÉ GARCÍA HERNÁNDEZ, 2000 )
  • Duración 93 min. Produción Formato Producciones, S.L. Divertimento, Alta Films, en asociación con Televisión de Galicia (TVG) e coa participación de Canal Plus, Televisión Española (TVE) Produtor José García Hernández, Andrés Barbé Guión Manuel Ortega Fotografía Jorge Arce
  • Intérpretes: Francisco Rabal, Federico Luppi, Pastor R. Feal, Sonia Castelo, Margarita Fdez. López, Irene Lamas, Martín Mújica.
  • Sinopse: Daniel Osantos, un popular actor de televisión, está a piques de conseguir o papel da súa vida. Inseguro en canto ao seu talento como actor e malia os seus éxitos, decide entrevistarse con Bernando Gabler, un lendario actor que leva toda a vida a interpretar o mesmo personaxe. Mais Gabler parece pouco disposto a amosarlle os seus segredos a un actor no que non acredita e proponlle un xogo, un elaborado plan, unha proba de resistencia, para determinar se está á altura do papel.

Do 17 ao 29 de outubro - (2ª PLANTA) PINTURAS de LAURA LAGO BELLAS

21 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de ENTRE BATEAS ( JORGE COIRA, 2001 )
  • Duración: 90 min. Produción: Costa Oeste Produccións, S.A. para FORTA Produtor: Marco Meere, Roberto Sinde Guión: Carlos Portela, Ramón Campos Fotografía: Chechu Graf, Alfonso Sanz
  • Intérpretes: Miguel de Lira, Nekane Fernández, Pepo Suevos, Xosé Manuel Olveira "Pico", Luisa Merelas, Cristina Espinosa, Rosa Álvarez, Xulio Abonjo, Antonio Mourelos, Tino Rábade, Luis Iglesia, Celso Bugallo, Xurxo Souto, Toñito de Poi, Gonzalo Uriarte, Manuel Lourenzo, Santi Prego, Fernando Arcay, Marcos Aurelio González, Marcos Orsi, Quico Cadaval
  • Sinopse: Situada nos anos 60, conta a historia de dous mozos, amigos da infancia, que se desenvolven na convulsa e perigosa fronteira entre o contrabando e o narcotráfico, e evidenciará a realidade social relacionada con esa problemática na zona das Rías Baixas galegas.

24 de Outubro, ás 19,30 horas – Salón de Actos – Xornadas Sindicais

28 de Outubro, ás 19:00 hrs proxección de FISTERRA. ONDE TERMINA O MUNDO ( XAVIER VILLAVERDE, 1998 )
  • Duración: 100 min. Produción: Grupo Continental Producciones, S.L. Tornasol Films, Xavier Villaverde Produtor: Pancho Casal Guión: Miguel Anxo Murado Fotografía: Javier García-Salmones
  • Intérpretes: Nancho Novo, Elena Anaya, Enrique Alcides, Geraldine Chaplin, Chete Lere, Manuel Manquiña, Kassia Perminio, Harold Zúñiga, Adrián Ures.
  • Sinopse: Berto e Mario son dous irmáns nados na Costa da Morte en Galicia fillos dunha parella de hippys que se instalaron alí a finais dos anos sesenta cheos de ideais. Cando o irmán menor, Mario, aínda é un cativo, o pai abandónaos. Os irmáns crecen coa idea de se reuniren con el. Pero Mario e Berto separan os seus camiños e seis anos despois reencóntranse.
Do 31 de outubro ao 12 de novembro (2ª PLANTA) OLEOS E PINTURAS DIXITAIS de ALEJANDRO BICA LAMAS


Novembro 2008.-

Continua a Exposición na 2ª Planta OLEOS E PINTURAS DIXITAIS de ALEJANDRO BICA LAMAS até o 12 de Novembro

4 de Novembro, ás 19:00 hrs proxección de O LAPIS DO CARPINTEIRO ( ANTÓN REIXA, 2002 )

4 de Novembro, ás 19:30 hrs Encontros coa Lectura, para reflexionar e comentar un libro no Clube de Lectura
  • Duración: 100 min. Produción: Portozás Visión, Sogecine, Fish People Ltd, D&D Audiovisuais Guión: Xosé Morais, Antón Reixa Fotografía: Andreu Rebés
  • Intérpretes: Tristán Ulloa, Luis Tosar, María Adánez, Manuel Manquiña, Nancho Novo
  • Sinopse: 1936. Daniel da Barca é un médico e intelectual socialista. A súa moza é filla dun empresario próximo aos fascistas e oponse á súa relación.

Do 6 ao 18 de novembro (1ª PLANTA) EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA LATINOAMÉRICA – FOTOS de FEDERICO FERNÁNDEZ ACKERMAN
11 de Novembro ás 19:00 hrs proxección de LENA ( GONZALO TAPIA, 2001 )
  • Duración: 108 min. Produción: Portozás Visión, Tráfico de Ideas, Producciones La Iguana, Alta Films, S.A., Take 2000. Coa participación de Canal Plus, Televisión Española, ICAA, ICAM e a colaboración de Televisión de Galicia. Co apoio do Programa IBERMEDIA e o Concello de Vigo Produtor: Piluca Baquero, Antón Reixa, Elena Manrique, Enrique González Macho, José Maceda Guión: Antonio Trashorras, David Muñoz, Gonzalo Tapia Fotografía Carles Gusi
  • Intérpretes: Marta Larralde, Manuel Manquiña, Roberto Álvarez, Luis Tosar, Víctor Norte, Iván Hermes, Luis Zahera, Carlos Kaniowsky, Antón Reixa, Nuria Sanz, Josito Porto, Luma Gómez, Beatriz Campos, Santi Prego
  • Sinopse: Para todos supón un cambio brusco o paso da adolescencia ao mundo dos adultos; pero hai casos nos que a brusquidade toma sentido real e deixa de ser un concepto inocente ao que os mozos inmaturos lle damos importancia. Este é o caso de Lena, unha moza de dezaoito anos que vive no barrio de Bouzas, na ría de Vigo. O pai de Lena é un pobre home que vive de ilusións e de meterse en problemas. Aínda así é cariñoso coa súa filla. Un día seu pai aparece mallado por meterse en leas coa mafia local. A partir dese momento a vida de Lena cambia de forma radical.

Do 14 ao 29 de novembro (2ª PLANTA) PINTURAS de ROSA FERNÁNDEZ SALANOVA

18 de Novembro ás 19:00 hrs proxección de A NOIVA DE MEDIANOITE ( ANTONIO F. SIMÓN, 1997 )
  • Duración: 95 min. Produción: Encuadre Produtor Antonio F. Simón Guión Lino Braxe, Antonio F. Simón Fotografía: Acacio de Almeida
  • Intérpretes: Francisco Rabal, Nancho Novo, Pepe Soto, Roberto Vidal Bolaño, Juan Diego, Esperanza Roy, Clara Sanchís, Mara Sánchez, Rosa Alvarez, Rosa Lousa, Lino Braxe, Sara Astray, Francisco Taxes, Laura Ponte, Gonzalo Uriarte, Ernesto Chao, Miguel Castelo, Manuel Guede, Francisco Oti, Manuel Couñago, Romano Aticus, Celsa Bouzón, Yra
  • Sinopse: Unha acomodada muller viúva dúas veces, vive coa súa reducida familia e dous criados nun pazo sombrizo na Galicia de finais do século XIX illada do mundo para ocultar un grave suceso acontecido no seo da súa familia hai dez anos. Este acontecemento ten sometida a familia a certas chantaxes das que se verán liberados grazas á chegada á mansión de dous forasteiros que desencadean o esclarecemento dos feitos e un cambio na futura vida familiar.

25 de Novembro, ás 19:00 hrs proxección de SEI QUEN ES (PATRICIA FERREIRA, 2000)
  • Duración:106 min Produción: Grupo Continental Producciones, S.L. Tornasol Films, Zarlek Producciones coa colaboración de Vía Digital, Televisión Española, Televisión de Galicia Produtor Carmen de Miguel Guión: Inés París, Daniela Fejerman Fotografía: José Luis Alcaine
  • Intérpretes: Miguel Ángel Solá, Ana Fernández, Roberto Enríquez, Ingrid Rubio, Manuel Manquiña, Mercedes Sampietro, Héctor Alterio, Jordi Dauder, Vicky Peña, Gonzalo Uriarte, María Bouzas, Xavier Estévez, Luis Tosar, Carlos Blanco, Santi Prego, Mónica García, José Luis Beral “Farruco”
  • Sinopse: Cando Paloma, unha psiquiatra nova namorada do seu traballo, chega para ocupar a súa praza nun hospital remoto en Galicia, encontra un paciente moi especial. É Mario, un home inquietante e seductor á vez, que padece unha estraña enfermidade: a síndrome de Korsakov, unha alteración da memoria que supón un caso de estudo apaixonante para a doutora. Pero a memoria perdida de Mario oculta un pasado, aparentemente esquecido, que ameaza con sacar á superficie perigosos feitos borrados da recente historia de España.

Decembro 2008.-

2 de Decembro, ás 19:00 hrs proxección de SEMPRE XONXA (CHANO PIÑEIRO, 1989)
  • Duración: 114 min. Produción: P.C. Piñeiro Produtor Rafael Girón, Manuel M. Mallo Guión Chano Piñeiro Fotografía: Miguel Ángel Trujillo
  • Intérpretes: Uxía Blanco, Xavier R. Lourido, Miguel Insua, Roberto Vidal Bolaño, Roberto Casteleiro, Rodrigo Roel, Aurora Redondo, Loles León, María Viñas, Roberto Fernández, Manuel Alonso Pérez, Gisela Romero, Javier Rocha, Miguel Angel Gómez.
  • Sinopse: A historia dunha muller, Xonxa, e dous homes, Pancho e Birutas, e as súas relacións desde a infancia no ano 1947 até a súa madurez en 1986. A emigración nas dúas vertentes de éxito e miseria, a complexidade das relacións humanas, as lendas que se confunden coa realidade, o trasmundo dunha aldea que vai morrendo, perdida nos montes de Galicia. O humor mestúrase co realismo máxico, tan presente na cultura e na realidade galegas.
2 de Decembro, ás 19:30 hrs Encontros coa Lectura, para reflexionar e comentar un libro no Clube de Lectura.

9 de Decembro, ás 19:00 hrs proxección de TRECE BADALADAS ( XAVIER F. VILLAVERDE, 2002 )
  • Duración: 103 min. Produción: Tornasol Films, Ensueño Films Guión Curro Royo, Juan Vicente Pozuelo, Xavier Villaverde Fotografía: Javier Salmones
  • Intérpretes: Juan Diego Botto, Luis Tosar, Marta Etura, Elvira Mínguez, Laura Mañá
  • Sinopse: Xacobe, un mozo escultor, volve a Santiago despois de quince anos. A razón da súa volta é o descubrimento de que súa nai a quen cría morta en realidade non o está.
Do 19 de Decembro ao 13 de Xaneiro [1ª PLANTA] V EXPOSICIÓN “PEQUENO FORMATO ARTES PLASTICAS” para SOCIOS E SOCIAS DO ATENEO FERROLÁN.

Os días 22 e 23 de Decembro no Ateneo Ferrolán VIII XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO.

E tamén:

VII CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA” 2009

RETOMAMOS AS NOSAS: XXI XORNADAS DA GAITA – DECEMBRO 08

CERTAMES E CONCURSOS BASES na nosa páxina web:

www.ateneoferrolan.org

_____________

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
www.ateneoferrolan.org

EXECUCIÓN Xá ! do PROXECTO APROBADO de AMPLIACIÓN e REHABILITACIÓN DA SEDE DESTA ENTIDADE CULTURAL CENTENARIA
_______________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon