De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de outubro de 2008 11:55
Asunto: Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento
Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño" de Ferrol XUNTANZA DO GAP...
Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento.
A reunión celebrouse no salón de recepcións do Concello e durou máis de hora e media.
Diario de Ferrol.- -D. ALEXANDRE REDACCIÓN > FERROL
Os grupos municipais están conformes co avance do Regulamento de Participación Cidadá elaborado por entidades veciñais, colectivos, e cidadáns.
Os portavoces de PSOE, EU, PP, IF e BNG así llo manifestaron onte aos membros do Grupo de Análise e Proposta (GAP).
A reunión, coa que se pechou o proceso de elaboración do novo regulamento iniciado no pasado mes de maio e no que participaron unhas 70 asociacións locais, ademais de particulares, celebrouse a petición dos integrantes do GAP.
Estes estaban interesados en coñecer a opinión dos representantes municipais sobre este texto e manifestaron o seu desexo de que sexa aprobado por unanimidade cando leve ao pleno.
Neste sentido, tanto os concelleiros do Goberno (PSOE e EU) como da oposición (PP, IF e BNG) mostráronse de acordo co contido do documento e co método seguido pola Concellaría que dirixe Javier Galán (EU) para elaboralo, aínda que se reservaron o sentido do seu voto para a sesión plenaria.
Pero o que se convocou como posta en común do traballo levado a cabo polo grupo de veciños e a comisión política para mellorar o actual regulamento derivou nun debate sobre a compatibilidade deste coa lei de grandes cidades, cuxo desenvolvemento foi ratificado neste mandato.
Neste sentido, o concelleiro popular, José Manuel Rei, considerou conveniente perfilar primeiro como afectará esta lei aos órganos de xestión municipal antes de aprobar o novo regulamento.
Así, explicou que coa Lei de Grandes Cidades moitas das competencias que agora ten o pleno e que son tratadas previamente polos grupos en comisión asumiraas directamente o alcalde a través da Xunta de Goberno Local, polo que os cidadáns terán un maior nivel de participación nuns órganos do Concello cada vez máis baleiros de competencia, advertiu.
Nesta liña pronunciouse o independente Juan Fernández, que criticou ao rexedor por non explicar á oposición como aplicará a Lei de Grandes Cidades, non vaia ser que esteamos traballando nun novo regulamento de participación que non vai valer para nada.
Ante estas dúbidas, o edil de EU Javier Galán asegurou que non haberá contradición entre a lei e o regulamento, engadindo que se ou novo regulamento non se leva a cabo, dimitirei como concelleiro de Participación Cidadá.
Foi máis aló ao manifestar que EU non aceptará a Lei de Grandes Cidades cando contraveña a este regulamento de participación.
Pola súa banda, Manuel Santiago, representante do grupo municipal socialista na reunión, destacou que coa nova norma de participación Ferrol situarase á cabeza en canto ao traspaso de competencias á cidadanía da xestión municipal.
Co encontro de onte -que se iniciou ás sete da tarde e hora e media despois aínda continuaba- deuse por resolta a participación veciñal.
Agora serán os grupos municipais os que teñen que aprobar o texto que resultou deste proceso, primeiro en comisión informativa e logo en pleno, onde un portavoz veciñal defenderá o novo regulamento.
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
O Inferniño
Participación cidadá
Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento
mércores, outubro 22, 2008
Os grupos municipais apoian a proposta veciñal do novo regulamento
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, outubro 22, 2008
Artigos relacionados
- A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S
- [Clicar acima da imaxe para ampliar]www.babeldesons.com Enviado por: BABEL de SONS-info
- Asembleas de barrio-Ultima semana Marzo-2012 Constitución de ASEMBLEAS DE BARRIO A
- Aparcamento d'O Inferniño. A Xunta directiva desta Asociaci
- DENUCIA DAS ABUSIVAS TARIFAS ... A Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", presentam
- ESQUERDA UNIDA ESIXE DO GOBERNO MUNICIPAL A CONVOCATORIA INMEDIATA DO CONSELLO D
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon