De: Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol -fucobuxan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de outubro de 2008 16:53
Asunto: Solidaridade cos traballadores de MEGASA
A convocatoria de dez días de folga xeral dos TRABALLADORES DE MEGASA, en demanda dun convenio xusto e unhas condicións laborais propias dun sistema democrático, tiveron onte unha resposta cerril da patronal: o despido de dous traballadores (un deles membro do Comité de Empresa e de Folga).
Desde "Fuco Buxán" invitamos a toda a cidadanía, a expresar a súa solidaridade cos compañeiros de MEGASA, nesta loita democrática, por conquerir as condicións de traballo dignas e xustas que pretenden. [+ Info]
Engádese Artigo de Rafael Pillado (Vicepresidente de "Fuco Buxán, A.C."), publicado en "Diario de Ferrol" hai poucos días.
__________
MEGASA: O dereito a negociar un convenio razoable
Os compañeiros de Megasa pretenden negociar un convenio que sexa razoable. A empresa se nega a estudar as súas propostas e chegar a acordos cos lexítimos representantes dos traballadores, incluso apelando á intervención policial desmesurada, cando o conflito viña discurrindo pacífica y ordenadamente, e no marco pleno da legalidade.
Pois ben, estes días coñeciamos diversas opinións a través dos medios de comunicación, con algún dos cales discrepo diametralmente. Mentres Felipe do Muíño recorda a actitude serena dos traballadores o longo dos anos, sen renunciar nin os seus dereitos, nin o seu posto de traballo, Fernando Álvarez, sinala como prioritario “cuidar mucho a Megasa”, “y si una empresa para salvarse en época de crisis, tiene que reducir su plantilla … debe hacerlo…” E afirma que “… los acuerdos con los trabajadores es la diferencia entre la empresa privada y la pública”. Quere isto dicir que na empresa privada non caben os acordos? Que eu saiba, na nosa lexislación laboral, a negociación colectiva é un dereito dos traballadores. Incluso na Ditadura, tiveron que recoñecelo.
No caso de Megasa quen se nega a negociar é a Empresa. E quero dicir que esa empresa a compoñen o capital empresarial e os traballadores. A plusvalía non cae do ceo. ¡Sen traballadores, Megasa non sería Empresa!
E debemos saber que pese a constante redución de plantilla, Megasa duplicou a súa produción de aceiro. Iso chámase sobreexplotación.
E esa produción permitiulle á Empresa comprar a Siderúrxica Nacional Portuguesa. Supuxo convertela nunha multinacional, onde os recursos se moven a capricho do empresario. Un empresario paternalista que ten o concepto das relacións laborais propias do feudalismo. E xa sabemos o que pasa cando non se respecta o marco regulado polo Estado. ¡Mirade a EE.UU. hoxe!
Según o Sr. Álvarez, os traballadores son “servos da gleba”, e deben tragar o que se teña disposto polo patrón. (Por certo, faltoulle dicir no seu artigo que Segundo Vilaboi foi asasinado a garrote vil.)
Pero, Que piden os traballadores? Que barbaridade pretenden? Facerse coa empresa?
Pois o que queren e superar o convenio actual que está por debaixo do provincial do metal de A Coruña, pese a que o seu traballo se realiza en condicións durísimas.
Temas:
1.- “Contrato de relevo”, que permita renovar a plantilla, xa moi diminuída.
2.- Promoción interna. Como é posible que un 70% da plantilla sexan especialistas? ¡Así resulta máis barato!
3.- Cobrar efectivamente o 100% do salario no caso de accidente.
4.- Redución da xornada laboral, a máis alta do sector. Sobre 100 horas máis que na siderúrxica vasca.
5.- Un sistema de primas obxectiva, que non se rexan polo “dedo”.
6.- Aplicación do IPC real e non o previsto.
7.- Un plus por traballar na fin de semana.
E queren negociar, non ser só mandados. Para algo conquerimos a Democracia.
Por qué se nega a empresa a algo tan natural? Porque quere evitar ter que ceder unha parte dos beneficios xenerados polos traballadores. EI está movendo os traballadores dun posto de traballo a outro, para romper a súa resistencia. Pretende cortar as súas mobilizacións, buscando a división da plantilla e o seu cansancio polo custe económico das mobilizacións.
Estou seguro de que non o conquerirán, e algo terán que dicir os sindicatos e os traballadores de Ferrolterra. Solidariedade de clase.
___________
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es
________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Fuco Buxan A. C.
Movimento Obreiro
Rafael Pillado
Sindicalismo
Solidariedade
Solidaridade cos traballadores de MEGASA
mércores, outubro 22, 2008
Solidaridade cos traballadores de MEGASA
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, outubro 22, 2008
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon