[Foto: Susete70]
De: Comité Cidadán de Emerxencia-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de dezembro de 2008 15:51
Asunto: Domingo 14 decembro : CONCENTRACIÓN (Entrada 37º gaseiro)
Domingo 14 decembro : CONCENTRACIÓN (Entrada 37º gaseiro)
O gaseiro nº 37, o "LNG Lagos", que hoxe sábado tivo que desistir da entrada na Ría, a causa do forte vento, intentará achegarse na tarde de mañá domingo a Planta de Gas, coa sua perigosa carga de GNL, polo que o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convoca
CONCENTRACIÓN
Domingo, 14 de Decembro, ás 7 da tarde
Ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia
(Praza de Amada García – Ferrol)
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Buque: "LNG Lagos" – Bandeira: Bermudas – Antiguedade: 32 anos (23 inactivo)
– Eslora: 274,4 m. – manga: 42 m. – calado: 11,8 m. – Capacidade: 122.255 m3.
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
___________
Onte o "LNG Lagos", que fai 37 buque cargado con GNL-LNG que chega até a nosa Ría, non poido entrar por causas metereolóxicas. O Comité Cidadán xa preveia esta circunstancia, dado as previsións de temporal que se facían.
Sábado, 13 de Decembro [creada o Sábado, 13 de Decembro ás 9:31:51] | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
MAÑÁ | TARDE | NOITE | TEMPERATURAS | ||||
| |||||||
Comentario: Ceos cubertos na mañá, con chuvias puntualmente fortes; pola tarde intervalos nubosos con chuvascos que poderían vir acompañados de sarabia e treboadas. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios significativos. Vento forte do oeste pola mañá e forte do noroeste o resto da xornada. |
Comunicado do Comité Cidadán de Emerxencia
[13 de dezembro de 2008 10:16 ]
De novo un gaseiro cargado con GNL para Reganosa ten que abortar a súa entrada debido ás condicións meterolóxicas.
O "NLG LAGOS" un vello gaseiro de 32 anos de antiguedade (23 deles inactivo) tiña prevista a arribada a Ría de Ferrol o sábado 13 de Decembro, na pleamar da tarde, e vese forzado a desistir de cruzar o angosto canle da Ría debido as previsións de mar gruesa e ventos fortes que poderían provocar o seu desplazamento contra a costa e causar un tráxico accidente.
Estas situacións vanse producindo con moita frecuencia (néboa, temporal, vento, visibilidade…), e non fan outra cousa que reafirmar o tantas veces manifestado sobre a perigosidade e improcedencia da ubicación da Planta no interior da Ría, cando podería estar situada no Porto Exterior.
Así seguirá sucedendo, ata que un día, iniciada a manobra de entrada, o buque, véxase sorprendido por un cambio brusco non previsible das condicións metereolóxicas, ou que, por causa urxente, teña que abandonar a ría no medio dunhas circunstancias adversas, entón, cando ocorra a desgraza, todos aqueles responsables que agora fan oídos xordos ás nosas advertencias serán os primeiros en lamentarse. Entón será xa demasiado tarde.
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon