mércores, decembro 17, 2008

Autoconvocatoria para o 20 de Decembro de 2008: Por unha alianza anticapitalista

De: Autoconvocando -alianzas@forosocialgalego.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 15 de dezembro de 2008 12:57
Asunto: Por unha alianza anticapitalista



Por unha alianza anticapitalista

Lembramos esta autoconvocatoria reiterando que o único xeito de saber se entre os movementos temos quórum para unha xuntanza o día 20 (e xa que logo buscar local) é que devolvades este correo manifestando disposición. Existen loxicamente problemas coa data do 20 para algunha xente que non pode ir ou mesmo ten algunha actividade programada nese día, mais hai quen propón non adiar máis a xuntanza e se acaso celebrar outra a finais de xaneiro para ir sumando e concretando.


MOVEMENTOS SOCIAIS GALEGOS, DA REFLEXIÓN Á ACCIÓN CONXUNTA
POR UNHA AUTOCONVOCATORIA POSÍBEL


Non son poucos os movementos sociais do país que pensan que falamos moito e facemos pouco, ou que o que facemos non se ve. Co ano 2009 ás portas cómpre organizármonos nunha alianza galega para dar resposta á ofensiva do capital, que indubidabelmente será máis forte nos vindeiros meses. É precisa unha marea de colectivos e persoas que busquen puntos comúns, pois son moitos nos que coincidimos, que programen un plan de acción conxunto, poderoso, e que poñan enriba da mesa a solución á pregunta que todos temos en mente: que imos facer?

Durante as últimas semanas xurdiron propostas concretas ás que cómpre respostar. Mais seguramente existen outras moitas que todos e todas quereríamos valorar. Seremos os e as integrantes de movementos sociais galegos antihexemónicos, dende os que orbitan no independentismo aos que se dedican ao desenvolvemento, dende os ecoloxistas aos anarquistas, dende os campesiños aos centros sociais… quen de confluír en accións e campañas conxuntas para opoñérmonos á deriva autoritaria de gobernos e poderes económicos?

Esta mensaxe trata de cotexar se os movementos galegos de índole anticapitalista, sen exclusión, estarían dispostos a manter unha xuntanza para falarmos dese, que imos facer? Trátase de realizar unha reunión en réxime de autoconvocatoria, sen líderes nen xerarquías, na que os colectivos expoñan propostas de acción concretas para tentar asumir cando menos algunhas delas e facer forza entre todos durante 2009. Trátase de construír, de unir, de atopar interseccións, de falar e de escoitar, de propor alternativas, mobilizacións, campañas, rebelións... sen condicións previas nin freos a calquera tipo de ideoloxía ou condición.

MECANISMO:

Por non existir unha listaxe de correo nin unha organización, a proposta é que as persoas e colectivos interesados resposten a este correo manifestando a súa disposición a asistir a unha xuntanza aberta na que se debatan propostas concretas, que os colectivos ou persoas a título individual deben levar elaboradas. Cada tres días, todos recibirán un correo con todas as respostas recibidas e de aí sacarán a conclusión se a xuntanza se pode facer.

A data proposta para a xuntanza é a do 20 de decembro, sábado, pola mañá. Por equidistancia en Compostela, mais loxicamente calquera pode propor outra opción que se fará saber a todo o mundo.

Se alguén propón outro mecanismo adiante...

POR UNHA ALIANZA SOCIAL GALEGA

Saúdos
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon