mércores, decembro 24, 2008

Este Luns, 22 de Decembro de 2008, tivo lugar a XX Asemblea Cidadá, nos locais da Asociación Veciñal "Ferrol Vello"


De: comitecidadan@gmail.com
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de dezembro de 2008 23:03
Asunto: Resumo do tratado na XX Asamblea Cidadá



Resumo do tratado na XX Asamblea Cidadá

Onte 22 de Decembro, convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia, celebrouse, no local da A. VV. de Ferrol Vello, a XX Asemblea Cidadá, que, cumprindo a orde do día prevista, tratou en sintese o seguinte:

1.- Balance e informe de situación.- Analizáronse as principias accións reivindicativas levadas a cabo desde a XIX Asamblea, do pasado maio:

  • Roteiro polas sedes dos socios de Reganosa.
  • O peche nos Concellos de Ferrol e Mugardos, integrados na rede Galicia Non se Vende.
  • A significativa manifestación do 8 de Xuño.
  • A II Marcha a Pé a Mugardos.
  • A Exposición Mural "A Ría na Rúa", o roteiro reivindicativo e o magosto en Caranza.
  • A participación no Foro Social Galego.
  • As concentracións e manifestacións de denuncia a cada entrada dun gaseiro na nosa ría.
  • A publicación do Boletín nº 14 e doutros folletos explicativos.
E asemade as accións xuridicas emprendidas e repaso das que están pendentes de resolución polos Tribunais:
  • Denuncias ante a Fiscalía do TSXG e Fiscalía Especial contra a Corrupción, de novos datos da duplicidade orzamentaria de Reganosa.
  • Os 12 Contenciosos presentados.
  • As duas sentenzas do TSXG contra Reganosa, recorridas pola Xunta e Reganosa ante o Supremo.
  • A reapertura do expediente de denuncia presentado ante a Comisión Europea.
  • O Recurso de Amparo Constitucional contra a Autorización Administrativa Previa.

Abordouse de xeito especial a sentenza do Tribunal Supremo, de 14 de novembro pasado, desestimando a demanda presentada polo Concello de Ferrol, con resolución favorable do TSXG (23.06.2004) e recorrida pola Xunta e Reganosa. No ano 2006 o Pleno do Concello de Ferrol decide retirarse do Contencioso, agora o Tribunal Supremo falla, plantexando que o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia non debeu de admitir a tramite a demanda do Concello de Ferrol "Por ser un acto de tramite inimpugnable" non entrando para nada no fondo do asunto, da tramitación ambiental de Reganosa, en contra do que pretendía facer creer La Voz de Galicia na nota publicada o pasado 5 de Decembro. Hai 12 contenciosos admitidos a tramite e dous pendentes do Supremo . Este Tribunal, terá que entrar no fondo do asunto , e aclarar si a planta de Reganosa esta obrigada a facer a Declaracion de Impacto Ambiental tal como fixeron as demais instalacions deste tipo, como fallou por 3 veces o TSXG e manten o CCE ou simplemente vale o sucedáneo da Declaracion de Efectos Ambientais.

2.- Propostas de traballo.- Desde a constatación de que a Planta de Gas de Reganosa, e o tráfico contínuo de gaseiros na nosa ría, son unha ameaza real e permanente aa nosas vidas, ao noso ecosistema e a unha parte importante da economía desta comarca, a Asemblea Cidadá amosou unha vez máis a determinación e o compromiso con esta loita que só rematará unha vez acadado o obxetivo de Planta de Gas fóra da Ría.

O traballo nos vindeiros meses deberá centrarse na comunicación coa cidadanía, a mobilización social e a utilización das vías mediáticas, xurídicas e administrativas.

Analizáronse varias propostas concretas neste senso, que o CCE se encargará de preparar, para unha próxima Asemblea Cidadá a convocar no vindeiro mes de Xaneiro.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon