mércores, xaneiro 21, 2009

Esquerda Unida achega na súa proposta para os vindeiros orzamentos unha partida específica para a zona rural ferrolá

Esquerda UnidaDe: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 16:14
Asunto: Orzamento 09 zona rural



Car@s amig@s: vaivos no arquivo a nota de prensa de EU en relación a
partida de zona rural para o vindeiro orzamento. Grazas por atendela.
Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, mércores 21 de xaneiro de 2009

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA RECLAMA UNHA PARTIDA ORZAMENTARIA PROPIA PARA A ZONA RURAL NO VINDEIRO ORZAMENTO
  • YOLANDA DÍAZ, VOCEIRA DE EU, CONSIDERA INDISPENSABLE UN ESFORZO ORZAMENTARIO COA VECIÑANZA DO RURAL
  • ESQUERDA UNIDA LAMENTA A FALLA DE COMPROMISO DO GOBERNO COAS NECESIDADES DO RURAL FERROLÁ

O Grupo Municipal de Esquerda Unida achega na súa proposta para os vindeiros orzamentos unha partida específica para a zona rural ferrolá, ao obxecto de procurar ir pechando a fenda que en servizos e equipamentos ten o rural coa zona urbana. A función de redistribución que cumpre o gasto público – neste caso o vindeiro orzamento municipal - ten que xogar ese papel en particular na nosa cidade para a veciñanza da zona rural. Esquerda Unida sosterá na negociación do orzamento como conditio sine qua non a súa inclusión. Necesidades dabondo hai - o movemento veciñal así o está a facer constar – para que se recoñeza nas partidas orzamentarias deste ano.

Esquerda Unida atende con elo o que sentimos é unha demanda certa da movemento asociativo veciñal da zona rural.

Na Memoria do Anteproxecto de orzamentos para 2009, Esquerda Unida detectou que non había consignada ningunha partida específica para a zona rural, o que entendemos a partires da experiencia destes anos que semella un erro notable. As particularidades da zona rural demandan unha partida específica que as poida atender con claridade e celeridade.

Esta eiva da Memoria do Antrepoxecto semella indispensable subsanala, ao obxecto de poder avanzar na elaboración dun orzamento que poida contar co respaldo de Esquerda Unida e sexa satisfactorio para a cidadanía da zona rural.

A partida propia para a zona rural cobra unha meirande relevancia diante da situación – criticada xa por EU – do desaproveitamento dos fondos de investimento local para xerar unha inxección extraordinaria nos ámbitos máis desatendidos da rural. Varias medidas recollidas por Esquerda Unida para seren atendidas con cargo ao Fondo seguen a ser desbotadas polo Goberno. Nin o entendemos nin o compartimos, e tornamos a reclamar diálogo, consenso e acordo.
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon