mércores, xaneiro 21, 2009

Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡

De: Elena López -elenuli@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 16:01
Asunto: Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡



Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡

  • Amigos da Terra presenta alegacións a ensaios ao aire libre en 67 municipios de todo o Estado
  • O Goberno Español tramita novos ensaios con transxénicos perigosos para a saúde
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño sacou a información pública 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 municipios de todo o país [1]. Entre estas solicitudes, atópanse as de novos ensaios ao aire libre con transxénicos con demostrados danos á saúde. A liberación ao medio ambiente de transxénicos experimentais supón un grave perigo para o medio ambiente e a saúde pública. E seguir experimentando con millos modificados xeneticamente con potenciais danos para a saúde non ten xustificación posible. Amigos da Terra presentou alegacións a todas as solicitudes para que sexan denegadas.

Un ano máis, as multinacionais dos transxénicos solicitaron realizar ensaios con transxénicos en campos experimentais ao aire libre. 67 municipios de Andalucía, Aragón, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Madrid, Estremadura, Navarra, Galiza e Catalunya, poden albergar novos ensaios de organismos modificados xeneticamente cuxos posibles danos para a saúde e o medio ambiente non foron avaliados nunha superficie total de máis de 500.000 metros cadrados.

David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos da Terra afirmou: "Demostrouse moitas veces que é imposible controlar a dispersión do pole destas plantas transxénicas, que poden contaminar cultivos destinados á alimentación até a varios quilómetros de distancia. O risco para a saúde pública é evidente".

Unha das variedades de millo transxénico para as que se volveu a solicitar autorización [NK603xMON810] foi o centro da polémica os últimos meses ao decubrir-se que o seu consumo expón graves riscos para a saúde. Un estudo, patrocinado polo Goberno de Austria, concluíu que os ratos alimentados con este millo transxénico tiveron menos descendencia que os alimentados con millo non transxénico. E que este efecto pódese atribuír á diferente alimentación [2].

"Intentar seguir cultivando variedades con demostrados danos á saúde é unha mostra máis da pouca ética destas empresas. E sería unha irresponsabilidade imperdoable por parte do Goberno seguir favorecendo os intereses destas multinacionais por encima da saúde pública e autorizar estes novos ensaios" engadiu Sánchez.

Para máis información:
  • Teresa Rodríguez Pierrard, Prensa de Amigos da Terra: 680 936 327 - 913069900
  • David Sánchez Carpio, Responsable da área de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra, 913069921 - 691471389

Notas:

[1]
Pódense consultar as solicitudes presentadas polas empresas na web do Ministerio http://www.mma.es/portal/secciones/participacion_publica/calidad_contaminacion/liberac_procedimiento.htm
Unha listaxe dos municipios afectados está dispoñible en:
http://www.tierra.org/spip/IMG/pdf/Localizacion_ensayos_maiz_transgenico_09.pdf
[2] Máis información e o estudo científico completo en:
http://www.tierra.org/spip/spip.php?article666

Plantación millo transxénico
Empresa Pioneer
Millos transxénicos:
1507 1507xNK603 1507x59122
59122
59122x1507xNK603
NK 603
NK603xMON810

Coruña:
Santa Uxía de Ribeira
Mesía
Lugo:
Villalba
Chantada
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon