Amosando publicacións coa etiqueta Transxénicos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Transxénicos. Amosar todas as publicacións

xoves, decembro 10, 2015

A laxitude na regulamentación sobre organismos transxénicos na Unión Europea, unha esixencia dos EEUU para asinar o ACTI/TTIP - Dí Lídia Senra que "a Comisión Europea está a valorar unha estratexia para eludir os controis anti OXM's na UE" - Moi interesantes vídeos


Dí Lídia Senra que "a Comisión Europea  está a valorar unha estratexia para eludir os controis anti OXM's na UE". | A CE analiza a interpretación xurídica dalgunhas "Novas Técnicas de Reprodución" para valorar a posibilidade de excluílas da lexislación sobre OXM's. | A laxitude na regulamentación sobre organismos transxénicos na Unión Europea, unha esixencia dos EEUU para asinar o ACTI/TTIP.


Na última sesión da Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo presentouse a través dunha audiencia de "expertos" a posibilidade de que algunhas das  Novas Técnicas de Reprodución (NTR) de alimentos nas que a Comisión Europea está traballando [1], podan ser consideradas NTR e non OXM [2] dende o punto de vista xurídico e, polo tanto, non ter que ser sometidas a unha regulación que se percibe máis esixente.

Trátase, polo tanto,  da interpretación dun texto xa existente, a Directiva Europea 2001/18/EC, polo que, segundo explicou a representante da Dirección Xeral para a Saúde e a Seguridade Alimentaria, a Comisión non terá que abrir ningún proceso de codecisión canda o Parlamento, ao non haber nova normativa. A Comisión prevé convocar "un grupo de expertos, ó Parlamento e ás partes interesadas" en  febreiro do vindeiro ano.

"O movemento labrego internacional leva xa máis de vinte anos funcionando colectivamente, e non é a primeira vez que vemos como pretenden presentarnos a alimentación transxénica como se non o fora, ou poñer trabas á súa identificación", lembrou a eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e titular na Comisión de Agricultura para o Grupo da Esquerda Verde Nórdica-Esquerda Unitaria Europea (GUE/NGL), Lídia Senra. "Non podemos permitir que nos poñan organismos xeneticamente modificados nos nosos pratos sen nin sequera respectar o noso dereito a sabelo e a poder elixir", argumenta a eurodeputada galega.

De avanzar esta estratexia impulsada polo lobby pro OXM's [3] e algúns Estados membro [4] , "se xuridicamente non se considera como transxénico un organismo modificado xeneticamente, este pode pasar a ser producido, distribuído, empregado e/ou consumido na Unión Europea sen verse sometido ao control da lexislación comunitaria", moito máis estrita que noutros territorios como, por exemplo, os EEUU.

E é precisamente esta falta de similitude entre EEUU e a UE na regulación dun aspecto tan sensíbel como o dos OXM's, o que está a supor un dos puntos problemáticos na negociación de tratados de libre comercio como o TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership/Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión), polo que Lídia Senra non desbota "a posibilidade de que precisamente a Comisión Europea estea a tantear a opción de rebaixar os controis sobre transxénicos para facilitar as negociacións e posterior aprobación deste tratado".

Por outra banda, a intención da Comisión de avanzar nunha alimentación deseñada polas grandes corporacións en substitución da propia Natureza, avogando polo desenvolvemento de novas técnicas de produción de alimentos en lugar de apoiar a agricultura labrega, "ten ademais o interese engadido de ampliar o mercado de patentes cas que se enriquecen as grandes multinacionais da alimentación; en detrimento do campesiñado, do intercambio de sementes e do traballo e a loita por desenvolvermos unha agricultura agroecolóxica que proporcione elementos sans e de calidade á poboación, avanzando ao mesmo tempo cara a consecución da soberanía alimentaria para os pobos, que é o único xeito de non estar sometidas ás corporacións internacionais para poder comer", sentenciou a eurodeputada galega.

Bruxelas, 9 de Decembro, de 2015.

Audiencia da Comisión de Agricultura: Novas Técnicas para o Fitomelloramento

Anexos da nova:

INTERVENCIÓN LÍDIA SENRA
https://www.youtube.com/watch?v=FHq7seGCqc4

INTERVENCIÓNS
Comisión Europea
https://www.youtube.com/watch?v=ihI7VOgqPyQ
e https://www.youtube.com/watch?v=e8YheZi1-xM

ENLACE Á SESIÓN COMPLETA
http://www.europarl.europa.eu/ep-live/pt/committees/video?event=20151201-1500-COMMITTEE-AGRI

Notas.-

[1] Máis coñecidas polas súas siglas en inglés NBT, New Breeding Techniques, son obxecto de estudio da Comisión Europea dende o ano 2007, no que se constitúe un grupo de traballo específico "para avaliar se unha serie de novas técnicas de cultivo poderían caer ou non dentro do ámbito de lexislación sobre organismos xeneticamente modificados: http://ec.europa.eu/food/plant/gmo/legislation/plant_breeding/index_en.htm

[2] Baséanse nunha interpretación particular da Directiva Europea 2001/18/EC, segundo a cal, dende o punto de vista do lobby das NTR, estas novas técnicas ben poderían ter sido desenvolvidas pola propia Natureza, inda que nunca teña sucedido nin haxa previsión de que suceda.

[3] Un dos principais responsabeis de impulsar esta revisión da interpretación lexislativa por parte da Comisión Europea é o lobby pro transxénicos albergado na NBT Platform, con sede en Bruxelas. Este grupo de presión recoñece que o seu principal obxectivo é conseguir que as NTR non sexan rexidas por leis sobre transxénicos, especificando a folla de ruta da súa interesada incidencia político-económica nos seus documentos. O presidente deste grupo de presión, Edwin Hecker, foi uns dos encarregados de trasladar a súa análise nesta  audiencia realizada pola Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo.

[4] A Comisión apunta que a dúbida de se as NTR deben ser consideradas baixo a lexislación aplicada aos organismos xeneticamente modificados xurdiu a raíz das consultas dalgúns dos Estados membro no ano 2007: http://www.euractiv.com/sections/innovation-feeding-world/new-plant-breeding-techniques-innovation-breakthrough-or-gmos

Máis información:
Lídia Senra, eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) | lidia.senra@europarl.europa.eu | http://ageuropa.gal/ | https://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez.


Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Lidia OFFICE

-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
2 de dezembro de 2015 17:00
__________

venres, abril 10, 2009

18 de Abril: Manifestación Estatal Antitransxénicos en Zaragoza


POR UNHA ALIMENTACIÓN E UNHA AGRICULTURA LIBRES DE TRANSXÉNICOS!

Sairán buses de Galiza

Os transxénicos son un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados. Ameazan a nosa saúde, teñen efectos ambientais negativos, producen contaminación xenética, agravan os problemas de acceso á alimentación… entre outros perigos.

Moitos países xa os prohibiron, mais o Estado español segue facilitando a súa expansión, poñendo en perigo a nosa saúde e o noso medio ambiente en favor dos intereses dunha presa de multinacionais.

Os consumidores e consumidoras e os labregos e labregas temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e de decidir como e onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sustentábel e seguro.

Na semana do 13 ao 18 de abril, moitas persoas e organizacións realizarán iniciativas e actos reivindicativos contra a política de transxénicos do actual Goberno e sairán á rúa para esixir que se recoñeza o seu dereito a unha alimentación e a unha agricultura libres de transxénicos.

O 18 de abril realizarase en Zaragoza unha grande manifestación estatal á que estamos convocando a esa gran maioría social que rexeita os transxénicos.

Teñen que nos escoitar!

Dende as organizacións convocantes estamos organizando autobuses para facilitar o desprazamento. Cómpre que vos apontedes o antes posíbel.

Ponte en contacto coa Plataforma Galega Antitransxénicos
649 541 773
comunicacion@galizasentrasnxenicos.org

Indica ao te apontar: nome, telefone, enderezo electrónico e vila ou cidade dende onde che sería máis cómodo saír (estamos valorando facer roteiro de recollida polo país; senón fora posíbel, a saída será dende Compostela)

Máis información:
http://noquierotransgenicos.wordpress.com/
http://www.galizasentransxenicos.org/
__________

luns, abril 06, 2009

Acción Salva a Selva: ¡Non quero transxénicos!

Rettet den Regenwald e.V.
-
info@regenwald.org-
6 de abril de 2009 16:41


Estimadas Amigas e Amigos de Salva a Selva:

Os transxénicos son un experimento a gran escala cheo de efectos imprevistos e non desexados. As consumidoras e consumidores temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e decidir como e onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sostible e seguro.

Moitos países prohibíro-nos, mais no Estado Español segue facilitando a súa expansión, pondo en perigo a nosa saúde e o noso medio ambiente favorecendo os intereses dun puñado de multinacionais. Ademais, o Estado Español é a porta de entrada dos transxénicos moitos países, especialmente europeos.

Organizacións ambientais e sociais no Estado Español estanse preparando para unha semana de protestas contra os transxénicos. Mostre o seu apoio enviando unha carta ás autoridades competentes. Atopará información completa e un modelo de carta que se pode enviar automaticamente en:

http://www.salvalaselva.org

Axúdenos a difundir esta mensaxe.
Moitas grazas e un afectuoso saúdo,
Guadalupe Rodríguez
Salva a Selva

www.salvalaselva.org

Berlin, Alemania
Tel.: +49 (0)30- 51736879

____________________________

mércores, xaneiro 21, 2009

Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡

De: Elena López -elenuli@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de janeiro de 2009 16:01
Asunto: Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡



Experimentos con transxénicos na Galiza¡¡
  • Amigos da Terra presenta alegacións a ensaios ao aire libre en 67 municipios de todo o Estado
  • O Goberno Español tramita novos ensaios con transxénicos perigosos para a saúde
O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño sacou a información pública 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 municipios de todo o país [1]. Entre estas solicitudes, atópanse as de novos ensaios ao aire libre con transxénicos con demostrados danos á saúde. A liberación ao medio ambiente de transxénicos experimentais supón un grave perigo para o medio ambiente e a saúde pública. E seguir experimentando con millos modificados xeneticamente con potenciais danos para a saúde non ten xustificación posible. Amigos da Terra presentou alegacións a todas as solicitudes para que sexan denegadas.

Un ano máis, as multinacionais dos transxénicos solicitaron realizar ensaios con transxénicos en campos experimentais ao aire libre. 67 municipios de Andalucía, Aragón, Castilla-La Mancha, Castilla y León, Madrid, Estremadura, Navarra, Galiza e Catalunya, poden albergar novos ensaios de organismos modificados xeneticamente cuxos posibles danos para a saúde e o medio ambiente non foron avaliados nunha superficie total de máis de 500.000 metros cadrados.

David Sánchez, responsable de agricultura e alimentación de Amigos da Terra afirmou: "Demostrouse moitas veces que é imposible controlar a dispersión do pole destas plantas transxénicas, que poden contaminar cultivos destinados á alimentación até a varios quilómetros de distancia. O risco para a saúde pública é evidente".

Unha das variedades de millo transxénico para as que se volveu a solicitar autorización [NK603xMON810] foi o centro da polémica os últimos meses ao decubrir-se que o seu consumo expón graves riscos para a saúde. Un estudo, patrocinado polo Goberno de Austria, concluíu que os ratos alimentados con este millo transxénico tiveron menos descendencia que os alimentados con millo non transxénico. E que este efecto pódese atribuír á diferente alimentación [2].

"Intentar seguir cultivando variedades con demostrados danos á saúde é unha mostra máis da pouca ética destas empresas. E sería unha irresponsabilidade imperdoable por parte do Goberno seguir favorecendo os intereses destas multinacionais por encima da saúde pública e autorizar estes novos ensaios" engadiu Sánchez.

Para máis información:
  • Teresa Rodríguez Pierrard, Prensa de Amigos da Terra: 680 936 327 - 913069900
  • David Sánchez Carpio, Responsable da área de Agricultura e Alimentación de Amigos da Terra, 913069921 - 691471389

Notas:

[1]
Pódense consultar as solicitudes presentadas polas empresas na web do Ministerio http://www.mma.es/portal/secciones/participacion_publica/calidad_contaminacion/liberac_procedimiento.htm
Unha listaxe dos municipios afectados está dispoñible en:
http://www.tierra.org/spip/IMG/pdf/Localizacion_ensayos_maiz_transgenico_09.pdf
[2] Máis información e o estudo científico completo en:
http://www.tierra.org/spip/spip.php?article666

Plantación millo transxénico
Empresa Pioneer
Millos transxénicos:
1507 1507xNK603 1507x59122
59122
59122x1507xNK603
NK 603
NK603xMON810

Coruña:
Santa Uxía de Ribeira
Mesía
Lugo:
Villalba
Chantada
_____________

sábado, novembro 22, 2008

26N: Galiza libre de transxénicos!

O vindeiro Mércores, 26-N, ás 11:30 am todas/os ao Parlamento Galego!!!
Debate da Proposición non de lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.

Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos acudirán ao debate.
Mentras, no exterior, organizarase unha acción-protesta (pancartas, disfraces...) para deixarmos ben claro que o povo galego rexeitamos a manipulación xenética da Nosa Terra.

Estamos perante dunha oportunidade histórica. Tods sabemos o muito que hai que traballar para cambiar as cousas, desta vez estamos a tempo de paralas antes de que sucedan.

A nosa terra zona libre de transxénicos, todas/os nós somos responsábeis desta loita.

21 de novembro de 2008 22:59
serxio regos garcia -garciadktc@hotmail.com-
__________________