De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de janeiro de 2009 19:23
Asunto: Esquerda Unida , subministro eléctrico rural
Estimad@s amig@s: vai no arquivo nota de prensa urxente de EU sobre o subministro eléctrico e de telefonía no rural. Grazas pola difusión. Un saúdo, Ramiro Marier
Ferrol, luns 26 de xaneiro de 2009
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA O RETRASO NA RESTAURACIÓN DO SUBMINISTRO ELÉCTRICO NO RURAL
- A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ, RECLAMA UN COMPROMISO DO GOBERNO MUNICIPAL COA VECIÑANZA DE BRIÓN AFECTADA POLO TEMPORAL
- ESQUERDA UNIDA RECLAMA CELERIDADE E DILIXENCIA POR PARTE DA OFICINA DA COORDINADORA DE EMERXENCIAS PARA CANALIZAR AS DEMANDAS CIDADÁS
Esquerda Unida reclamou un compromiso inmediato, urxente, do Goberno Municipal para empregar recursos públicos para restaurar o servizo e esixir das empresas subministradoras do mesmo celeridade e atención as necesidades da veciñanza.
A empresa subministradora ameaza agora coa súa incapacidade para restaurar antes dunha semana o subministro eléctrico aos veciños de Brión, sen que ningunh autoridade pareza disposta a evitalo ou a dar unha sáida transitoria, para non devolver a parte da nosa veciñanza aos tempos da idade media: desaparición do poder público e escuridade por falla de subministro eléctrico.
Yolanda Díaz, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida,reclamou esta tarde que o Goberno Municipal deixe de mecerse no vento e lle entregue celeridade e dilixencia á Oficina Coordinadora de Emerxencias para detectar e dar resposta a todas as necesidades básicas veciñais. En particular, e diante da problemática específica que fixeron notas veciños de Brión, reclamou que o erario público do Concello sufrague o custo temporal dos equipos electróxenos propios, que permitan restaurar transitoriamente o subministro eléctrico até a súa reparación completa.
____________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon