luns, xaneiro 26, 2009

EU respalda a demanda expresanda pola Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" de dotar ao barrio dunha escola infantil

De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de janeiro de 2009 15:11
Asunto: EU, escola infantil en Esteiro


Estimad@s compañeir@s: achégase nota de prensa en arquivo. Grazas pola atención.
Un saúdo, Ramiro Marier

Ferrol, luns 26 de xaneiro de 2009

  • O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A PARÁLISE DE VICEPRESIDENCIA PARA CUMPRIR OS COMPROMISOS ACADADOS NO PROTOCOLO DE COLABORACIÓN CO CONCELLO
  • A VOCEIRA DO GRUPO, YOLANDA DÍAZ, CONSIDERA NECESARIO QUE O BARRIO DE ESTEIRO CONTE CUNHA ESCOLA INFANTIL
O Grupo Municipal de Esquerda Unida quere denunciar a deixación e a falla de compromiso de Vicepresidencia da Xunta de Galicia para facer realidade o recollido nas cláusulas do protocolo de colaboración asinado entre Vicepresidencia e o Concello de Ferrol.

Esquerda Unida quere subliñar que dende a sinatura do Convenio, que tivo lugar o 15 de abril de 2008, nada fixo Vicepresidencia para facer realidade o que se consignou na cláusula cuarta do devandito convenio, cláusula que no seu punto primeiro contempla un programa de construción, mantemento e xestión de dúas escolas infantís e unha ludoteca. Os tempos malgastados por Vicepresidencia explican a caracterización de inacción e parálise que está a presidir o desenvolvemento do protocolo neste punto.

Para Esquerda Unida, o perfil demográfico do barrio de Esteiro entrégalle razóns e urxencia á demanda de radicar nel unha escola infantil, que permita cubrir a demanda de prazas. A Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida argumentou o seu respaldo á construción da devandita escola infantil no barrio de Esteiro – coincidindo coa demanda expresanda pola A.VV. Fontelonga - no peso poboacional e a súa composición, asemade de lembrar o compromiso – aínda incumprido – de hai catro anos da Xunta para dotar con este equipamento ao barrio de Esteiro.

Esquerda Unida subliña o papel fundamental que teñen as escolas infantís no proceso de ensinanza-aprendizaxe dos pequenos para atender e correxir dende as idades mási temperás as desigualdades que arrastran os nenos e nenas polo medio social do que proveñan. Tamén xogan o papel indispensable de contribuir a facilitar aos pais e nais un ámbito educativo axeitado para os nenos, que facilite a incorporación ao mercado laboral da muller.
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon