Hoxe, Martes 27 de Xaneiro de 2009, ás 7 da Tarde, no Ateneo Ferrolán, vai ter lugar unha Asemblea do Colectivo Ártabra 21, como é habitual cada dúas semanas, nun martes. Desta vez aparte das cuestións xa rutineiras de toda reunión, analizaremos o asunto dos "Fondo Estatal de Investimento Local", que o goberno central destina para os concellos e concretaremos no plano que ten aprobado o Concello de Ferrol para estes investimentos, dando un repaso a como está a situación noutros concellos da nosa Comarca; intentaremos programar actividades e proxectos pendentes: Mesa sobre a Crise, Marcha Mundial Pola Paz e a Non Violencia, Publicación do Colectivo en papel impreso, Regulamento de Participación Cidadá, Rede Galiza Non Se Vende e a Manifestación Nacional do 15 de Febreiro, ...
________________
Enlace de Interese:
@s ferroláns poden consultar xa na web municipal as actuacións que se financiarán con cargo aos 13,3 millóns de euros do Fondo Estatal de Inversión
Martes, 27 de xaneiro de 2009
___________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, xaneiro 27, 2009
O Colectivo Ártabra 21 reune-se hoxe, ás 7 da Tarde, no Ateneo Ferrrolán
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xaneiro 27, 2009
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon