NOTA ACLARATORIA POSTERIOR Á PUBLICACIÓN DESTE POST: Queremos pedir desculpas por unha imprecisión na información causado por un erro das fontes da mesma. Pois hoxe [27.01.2009], como así se agardaba, sobre as 10:00 hrs entrou o "LNG Larbi Ben M'Hidi" na Ría de Ferrol, despois de estar case dous días para poder entrar, mais non viña cargado con GNL-LNG para REGANOSA, senón que viña a Navantia, onde se encontra atracado no peirao 14 do esteleiro, para reparar un tramo de cadea e outros traballos na cuberta do buque. Se un gaseiro sen carga ten tantas dificultades para entrar na Ría ante determinadas condicións meteorolóxicas, como poden as autoridades portuarias permitir o tráfico dentro da Ría, de gaseiros cargados con máis de 120.000 de metros cúbicos de gas natural licuado, que o fan sen autonomía, e poñendo en perigo a vida de miles de persoas?
As condicións meteorolóxicas, de novo, non permitiron a entrada na Ría dun novo buque gaseiro, desta vez tratábase dun vello buque-cisterna, de máis de 32 anos de antigüidade [1977], de 281,7 metros de eslora e 41,6 de manga, de bandeira alxerina, o "LNG Larbi Ben M'Hidi".
Son xa moitos os buques que por mor das condicións meteorolóxicas non puideron entrar na Ría de Ferrol, dado que o canal de entrada duns 4.000 metros de longo, moi estreito e de pouco calado, non o permite sen que se puidera dar un máis que seguro incidente de moita gravidade con consecuencias imprevisíbeis.
Onte Luns, 26 de Xaneiro de 2009, estaba prevista a entrada do buque cargado con GNL-LNG para a ilegal e perigosa REGANOSA, este faría o número 40 desde que comezaron a entrar en Maio de 2007.
Mais probabelmente hoxe [27.01.2009] con pleamar diurna, na marea morta, nada vai impedir a entrada do buque na Ría, poñendo en perigo a vida e seguridade das miles de persoas que moramos na súa contorna. É por iso polo que o Comité Cidadán continua convocando accións de protesta e denuncia contra a irracionalidade de construir unha planta de gas no mesmo corazón da nosa Ría.
Acción de protesta
Diante da anunciada entrada deste buque con miles de mᶟ de gas natural licuado, na nosa Ría, como é habitual, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou unha acción de protesta, unha concentración, ás 7 da Tarde, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, en Ferrol, na Praza Amada García, cunha posterior manifestación até a Praza do Concello de Ferrol.
A RÍA É NOSA E NON DE REGANOSA !!
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
_________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Planta de gas
Reganosa
De novo as condicións meteorolóxicas impediron a entrada dun buque gaseiro dentro da Ría de Ferrol
martes, xaneiro 27, 2009
De novo as condicións meteorolóxicas impediron a entrada dun buque gaseiro dentro da Ría de Ferrol
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xaneiro 27, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon