xoves, febreiro 19, 2009

Ábrese o prazo de solicitude de subvencións para a edición de materiais didácticos en lingua galega

Tags

A Secretaría Xeral de Política Lingüística financia esta convocatoria de axudas cunha partida de 1.050.000 euros
Este ano incentivaranse, prioritariamente, os libros de texto e os recursos complementarios de distintos ciclos de formación profesional, de novas materias de bacharelato e de programas de atención á diversidade e de educación infantil, entre outros

Santiago, 19 de febreiro de 2009.- A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de anunciar a convocatoria de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios. Segundo publica o Diario Oficial de Galicia de hoxe, o financiamento das axudas será de 1.050.000 euros.

Establecéronse dous criterios preferentes de concesión da subvención: a calidade da obra e a súa orixinalidade. Como elementos para valorar a calidade teranse en conta a adaptación dos contidos da obra ao currículo establecido, o tipo de actividades, a motivación, o tratamento dos valores democráticos, a adecuación da linguaxe ao nivel académico do alumnado, a adecuación á realidade cultural e social de Galicia e a calidade lingüística. No relativo á orixinalidade da obra, valoraranse as obras de creación propia sobre as refundidas ou adaptadas.

Enlace coa Información detallada

__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon