De: BRASILIA LOURO LAGO -comitedefensariasaltas@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de fevereiro de 2009 20:42
Asunto: Solicitude de Axuda
Solicitude de Axuda
Ola, compañeiros/as, reenvío esta mensaxe do grupo de defesa dos dereitos humanos VIRAVENTOS ...
Graciñas.
Brasilia
Calquera axuda, idea ou suxerencia, por favor, avisade a súa presidenta, Malena tamén.
ONGD Viraventos -ongviraventos@yahoo.es-
AXUDA URXENTE
Como sabedes diriximos a ONG Viraventos adicada á atención de inmigrantes e á Cooperación Internacional.
Necesitamos axuda urxente para poder continuar prestando asistencia a 350 inmigrantes e as súas familias que residen na nosa cidade.
Debemos reunir polo menos 2000 euros antes do día 28 de febreiro ou verémonos na dolorosa situación de pechar o noso local e cesar as actividades que vimos realizando.
Ante a avalancha de peticións de axuda dos nosos usuarios, os nosos recursos económicos esgotáronse literalmente. Por este motivo tivemos mesmo que recorrer ás achegas económicas dos nosos voluntarios.
A falta de axudas da Administración Pública e o retraso nos pagos leváronnos a esta situación.
Como sabedes nunca pedimos axuda económica, pois non queriamos comprometer os nosos amigos nunhas accións solidarias, que forman parte dunha convicción persoal. Pero hoxe vémonos obrigados polas circunstancias, a facer un chamamento dende o desespero e a non saber a quen máis recorrer para non abandonar ás persoas que dependen da nosa axuda e que consideran á ONG Viraventos a súa casa e a todos nós a súa familia.
¿Como podes axudar?
- .Facendo un donativo único ASOCIACIÓN ONG VIRAVENTOS BBVA 0182 0619 91 0201554140
- Facendote soci@ por 15 euros ao mes (0,50 euros ao día) ONG VIRAVENTOS A CAIXA 2100 5496 28 0200022812
- Facilitándonos contactos de músicos, artistas, etc que queiran colaborar nun concerto solidario, exposicións ou calquera actividade benéfica que sirva para recadar fondos. Ponte en contacto connosco e estudaremos calquera axuda posible.
Contactos:
Malena Andrade [Presidenta]: 657 113 527
Patricia Ares [Vicepresidenta]: 657 051 269
ONG Viraventos: 881 889 460
http://www.viraventos.org/
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon