xoves, febreiro 19, 2009

O Centro de Día de Caranza estará construído a comezos de 2010

De: Correo electronico BNG -bng@ferrol.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data:
19 de fevereiro de 2009 10:24 Asunto: O Centro de Día de Caranza estará construído a comezos de 2010



O Centro de Día de Caranza estará construído a comezos de 2010

O Bloque Nacionalista galego de Ferrol quer informar que o Consorcio Galego da Igualdade e o Benestar publica hoxe a licitación do concurso para a adxudicación das obras de construción do Centro de Día de Caranza, o primeiro dos acordados no protocolo asinado entre o Concello e a Vicepresidencia da Xunta para a dotación de servizos de igualdade e benestar na cidade de Ferrol. O equipamento terá capacidade para a atención diúrna de 80 persoas maiores e contará cun cadro de persoal duns 15 profesionais.
O custo das obras suporá un investimento, con cargo aos orzamentos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, superior a 1,3 millóns de euros, e o período de execución non poderá superar os nove meses desde o comezo das obras, que segundo os prazos establecidos, será a mediados do vindeiro mes de abril.

Deste xeito, o Centro de Día de Caranza estará construído nos primeiros días do vindeiro ano 2010, e poderá comezar a dar servizo a un total de 80 persoas maiores e/ou dependentes que recibirán atención terapéutica integral e plural durante o día a cargo dunhas 15 persoas profesionais neste ámbito (traballadoras/es sociais, fisioterapeutas, enfermeiras/os, xerocultoras/es, etc.), contribuindo así a conciliar a vida familiar e laboral das familias.
O edificio sitúase nunha parcela cedida polo Concello en zona urbana de equipamentos comunitarios, e a pesar do marcado entorno urbano da parcela, rodeada de grandes edificacións, este equipamento consegue resolver un espazo de parcela exterior axardinado, ben orientado e cunha adecuada relación interior-exterior. A suave topografía do terreo permite ademais unha zona de esparcimento exterior moi accesible e cómoda para as persoas usuarias.

Ferrol a 18 de febreiro de 2009

Bloque Nacionalista Galego de Ferrol

Adxuntamos Vía Correo electrónico imaxes virtuais do centro
_________________

1 comentarios so far

O centro de día de Caranza é unha obra da Xunta de Galicia en terreos municipais ou é unha obra do BNG?


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon