Toulouse - 23.02.2009
Case oito anos despois os habitantes de Toulousse non esquecen. Vítimas e antigos traballadores da planta química AZF se han manifestando polas rúas da localidade antes da apertura do xuízo a unha das maiores catástrofes industriais dos últimos anos en Francia.
Esperan que o proceso despexe as incógnitas que deixou o accidente: "Queremos saber a verdade. Aínda que non creo que a saibamos, queremos saber como ocorreu e por que, aínda que me sorprendería" di un afectado. "Eu quero que reconstrúan a miña casa e algún tipo de compensación, hai oito anos que espero" comentaba unha muller.
No banco dos acusados só senta Serge Biechlin, que dirixía a fábrica no momento do accidente, e Grande Paroisse, a empresa dona da planta, filial do grupo petroleiro francés Total.
O concello de Toulousse prestou unha sala ao Tribunal Correccional para celebrar este xuízo sen precedentes, con 1.800 acusacións particulares, medio centenar de avogados e decenas de expertos. O veredicto non se espera antes do mes de novembro.
Fonte: http://www.euronews.net
_______________
Enlace coa Información detallada dos feitos do 21 de Setembro de 2001 en Toulouse:
Utilizando o traductor google do francés para o galego:
AZF - 21 setembro 2001 - 10:18 - Toulouse : Unha investigación paralela á luz do proceso judicial e do campo !
Sitio web orixinal en Francés:
AZF - 21 Septembre 2001 - 10H18 - Toulouse: Une enquête parallèle à la lumière du dossier judiciaire et du terrain !
___________________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
martes, febreiro 24, 2009
Comeza en Francia o xuízo polo accidente da planta química AZF
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, febreiro 24, 2009
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
Tomemos nota polo que poida pasar con REGANOSA e Forestal
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon