martes, febreiro 24, 2009

Entre vencer e convencer

Por Xosé A. Perozo
23.02.2009


Se alguén pensaba que a división interna do PP, os casos de corrupción de Madrid e Valencia, os episodios dos espías dos conselleiros de Esperanza Aguirre ou os escuros negocios do cabeza de lista de Ourense ían cambiar o voto do electorado galego de dereitas, estaba errado. As enquisas dan a razón ós que concordan en que a dereita galega ten unha fortaleza que está por riba das razóns e das estratexias. A dereita galega rende culto á fidelidade e conténtase coa demagoxia habitual dos conservadores. Feijóo sabe que non necesita convencer os seus, o obxectivo das súas propostas é vencer inducindo os contrarios a non participar. Pola contra a esquerda ten a necesidade de convencer os votantes propios e os indecisos. E entre vencer e convencer hai un deserto inmenso, un territorio cheo de trampas, no que as propostas e ilusións non sempre chegan ós oasis. A Touriño e Quintana réstanlle só cinco días para cruzar ese deserto.

Enlace Orixinal en Galicia - Hoxe
______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon