martes, febreiro 24, 2009

Cobraronche de máis na túa factura da Luz ?

Tags

paulina lopez brage
paulinalopezbrage@yahoo.es
23 de fevereiro de 2009 11:44


Rede de Consumidores en Acción escribiu:

Cobraronche de máis na túa factura da Luz ?

FACUA-Consumidores en Acción desenvolveu unha aplicación na web http://simuladores.facua.org para comprobar se a túa compañía eléctrica cobrouche de máis e que cantidade debes reclamar que che devolvan.

Desde novembro de 2008, as eléctricas emiten unha factura mensual, pero seguen lendo os contadores cada dous meses. Isto provoca que a metade dos recibos non recollan o consumo real, senón unha estimación que se compensa na seguinte facturación.

Por iso, é posible que a túa última factura con lectura real inclúa enerxía consumida a finais do ano pasado que non se computou no anterior recibo e que agora che cobran aplicando as novas tarifas, máis caras, vixentes desde xaneiro.

O 28 de xaneiro, FACUA presentou unha denuncia ante o Ministerio de Industria sobre as irregularidades nas facturas, que motivou unha investigación que está a levar a cabo a Comisión Nacional da Enerxía (CNE).

FACUA reclamou que se impoña ás eléctricas a devolución do diñeiro cobrado de máis aos usuarios e a imposición de sancións se se avalía que se vulnerou a lexislación coa metodoloxía de cálculo das lecturas estimadas.

http://www.facua.org
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon