luns, febreiro 23, 2009

Só homes en paro?

Por Juan Torres López
23.02.2009


A imaxe da esquerda é a portada do suplemento dominical de "El País", cuxo tema central dedícase ao desemprego. O título ("En paro") di claramente o que analiza e a foto o prexuízo con que o fai.

Nela aparecen catro homes cando a realidade é que os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa indican que en España hai 1,688 millóns de homes desempregados (cunha taxa de paro do 12,96%) e 1,519 millóns de mulleres (cunha taxa do paro do 15,14% maior, por tanto, que a masculina).

É dicir, aínda que practicamente a metade dos parad@s son mulleres, na foto transmítese explicitamente a idea de que só son homes os que están "en paro".
A explicación desa distorsión paréceme que é evidente: o paro que preocupa é o dos homes porque aínda predomina a idea de que o seu emprego é o importante mentres que o das mulleres concíbese como algo secundario e accesorio ao masculino.

Se os homes están en paro é un problema do que se preocupan os medios. Se son as mulleres as paradas non pasa nada: vanse á súa casa, que é o seu sitio, a lavarlle os calcetíns e pasarlle o ferro as camisas ao marido e así aforran en servizo doméstico.

A través de imaxes como esta de "El País", é como os medios de comunicación coaxudanuvan a fomentar estes prexuízos e a desigualdade e a discriminación entre homes e mulleres.

E a pesar diso, como subliño sempre, aínda hai que xente que pensa que as mulleres xa teñen as mesmas oportunidades laborais que os homes e que as políticas de acción positiva ao seu favor xa non son necesarias.

http://www.juantorreslopez.com
____________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon