venres, febreiro 20, 2009

Desconvocada a Folga Xeral na Sanidade: A Consellería paraliza o Decreto da CPO e está disposta a negociar

Cig Saúde Ferrol -cigsaudeferrol@gmail.com-

Conquerida a paralización da tramitación do Decreto sobre a Carreira Profesional Ordinaria

Grazas as mobilizacións efectuados polo persoal do Sergas, a consellería de Sanidade ven de anunciar a paralización da tramitación do decreto [Carreira Profesional Ordinaria] e confirma a convocatoria dunha Mesa Sectorial para o día 6 de marzo para reiniciar e establecer un calendario de reunións onde se abordaran os aspectos reinvindicados pola Plataforma Sindical:

1.- Enlace réxime extraordinario

O SERGAS obriga a un periodo de permanencia de 3 anos a pesar de ter os requisitos esixidos.

2.- Funcionarios e Laborais

O Servizo de Saúde incumpre no decreto cos acordos asinados e xa publicados no DOG, que recollen o acceso ao réxime ordinario sen integración previa.

3.- Promoción interna

O decreto da carreira profesional non recoñece a promoción interna para licenciados e diplomados sanitarios.

4.- Persoal OPE 2006

O SERGAS non acepta que este persoal que reúna os requisitos á entrada en vigor da carreira poida solicitar o recoñecemento dos graos que lle correspondan.

5.- Persoal interino

Só poderán solicitar o grao inicial (non retribuído) non podendo pedir o Grao I até que sexan fixos, pero sempre e cando leven cinco anos neste grao inicial.

6.- Criterios de avaliación

Exixencia por parte do SERGAS dun mínimo de avaliación en cada apartado, mínimo que rexeita a plataforma sindical dada a dificultade de acadar en moitos lugares.

As organizacións sindicais integrantes da Plataforma Sindical, CCOO, CESM, CIG-SAÚDE, CSIF, SAE e UGT, por unanimidade deciden desconvocar as mobilizacións previstas, dado que o seu obxetivo, precisamente, era conquerir a convocatoria inmediata da mesa sectorial para dar continuidade ás negociacións rotas pola consellería o pasado 19 de decembro.

IMPOSICIÓNS NON, NEGOCIACIÓN SÍ!!!

CIG-Saúde Ferrol
981334566
www.cigsaudeferrol.blogspot.com

_____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon