martes, febreiro 10, 2009

O Ateneo Ferrolán adquire para a súa Biblioteca-Hemeroteca a Enciclopedia Histórica do Anarquismo Español

De:ATENEO FERROLÁN administrador@ateneoferrolan.e.telefonica.net
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de fevereiro de 2009 13:32
Asunto: NOVAS da nosa Biblioteca - Hemeroteca


NOVAS da nosa Biblioteca - Hemeroteca

O ATENEO FERROLÁN adquire para a súa Biblioteca – Hemeroteca a: ENCICLOPEDIA HISTÓRICA DEL ANARQUISMO ESPAÑOL

Enciclopedia histórica del anarquismo español
Vitoria, Asociación Isaac Puente, 2008

3 volumes (2.080 páxinas, tamaño folio)
ISBN 978-84-612-4049-4 (Obra completa)

Chega esta monumental obra –a enciclopedia– para mostrar o devenir do movemento anarquista en España a través das persoas que o encarnan, dos comicios que celebra, das revistas e periódicos que elabora, dos lugares en que asentase. E froito dun traballo persoal e colectivo. Persoal, pois levou ao seu autor algo máis de trinta anos de recompilación minuciosa de datos. E colectivo, porque participaron nel máis de trescentas persoas; desde as que aportaron datos relativos ao seu entorno familiar ou de amizades ate as que, desinteresadamente, ofreceron os resultados das súas investigacións levadas a cabo durante anos. Todas elas teñen recoñecida a súa xenerosidade na correspondente parte bibliográfica de cada entrada.

Os dous primeiros volumes da presente enciclopedia –842 e 999 páxinas, respectivamente– inclúen unhas 50.000 entradas, ordenadas alfabeticamente, nas que o groso dedicase a persoas militantes, moitas delas descoñecidas ate agora, mostrando así que a forza do anarquismo basease na xente sen protagonismo. A ilo sumase unha completa relación de periódicos e revistas que se sucederon ao longo dos anos. Desgrananse, ademais, os congresos e asembleas das distintas ramas do anarquismo, introducidos pola cidade na que se celebraron. Completase, por último, a información con eventos, grupos, columnas, etc. Cada entrada leva o seu correspondente aparato bibliográfico con indicación das fontes. O terceiro volume –239 páxinas– dedícase ás imaxes –unhas 3.000–: ilustracións de cubertas de libros, cabeceiras de periódicos e revistas, e carteis; fotografías de militantes e de grupos en manifestacións, escolas, congresos, colectividades, milicias…

Web da Enciclopedia:
http://www.navioanarquico.org


Ateneo Ferrolán
Fundado en 1879
“Un Lugar de Encontro para a Cultura”

http:// www.ateneoferrolan.org
e-mail:
a_ferrol@teleline.es Telf.: +34 981 357 970
Fax: 981 354 098
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, 1º.CP.15402 - FERROL (A Coruña)
Apdo. Correos: 303

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon