Un novo buque gaseiro, o "LNG SOKOTO", entrou na angosta Ría de Ferrol, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, convocou unha acción de protesta, este Luns 9 de Marzo, ás 7 da Tarde, na Praza Amada García ...
Este buque coa súa perigosa carga de Gas Natural Licuado, fixo o nº 42 que entra na Ría desde Maio de 2007. A entrada na Ría deste tipo de buques, cargados con GNL-LNG, poñen en alto risco de inseguridade a miles de persoas que moramos na ribeira. Unha vez máis esta irresponsabilidade non podía quedar sen resposta, é por iso, polo que o Comité Cidadán decide convocar mobilizacións, para amosar súa desconformidade coa entrada, na Ría, de buques cun cargamento tan perigoso. Estas accións cidadáns teñen como obxectivo denunciar a corrupción e o despropósito gasístico que representa REGANOSA, esixindo o seu desmantelamento xa !
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon