Sobre a súa experiencia como unha das primeiras mulleres indíxenas en exercer un cargo no Ministerio de Xustiza, Celima Torrico sinalou que están traballando moi forte para dar cumprimento á nova Constitución Política do Estado e ser acollidos no sistema social de xeito equitativo.
A ministra de Xustiza e Dereitos Humanos boliviana, Celima Torrico, falou este venres desde La Paz en Bolivia, sobre o desempeño e a participación que ten a muller na administración do presidente Evo Morales coa nova Constitución Política do Estado, na cal existe unha significativa inclusión de dereitos de igualdade para tod@s.
En entrevista exclusiva para TeleSUR, Celima Torrico, campesiña quechua, expresou que a nova Carta Magna de Bolivia favorece enormemente á muller, pois ven respectados todos os seus dereitos e por esta razón, o seu desafío é traballar por todas as mulleres, co único fin de acabar coa inxustiza e consolidar unha xustiza social para todos e todas.
Destacou a mellora das condicións para o desenvolvemento das mulleres no aspecto sindical, laboral e administrativo coa nova Constitución.
"Na nosa vella Constitución non fala dos e as, simplemente di a participación, entón a nova Constitución política do Estado, inclúenos exclusivamente ás mulleres en máis de trinta artigos".
Agregou que ademais "fala dos dereitos, da participación, da igualdade e de todo. A muller está incluída dentro da Constitución Política do Estado e nese ámbito, tócanos traballar nas políticas públicas, nos diferentes espazos de Bolivia".
Resaltou que coa Constitución non se fala de exclusividades senón de xeneralidades transversais que hai que empezar a traballar para que o beneficio de nenas, nenos, mulleres, homes, da área urbana ou rural, campesiños, indíxenas e profesionais.
A ministra boliviana expresou para TeleSUR que sufriu de discriminación desde que ostenta o cargo de titular da carteira de Xustiza, e cualificou a experiencia de "nova e dura".
"Dicían-me non está en calquera oficina, quítese o chapeu, e eu dicíalle a un conselleiro, sáquese primeiro a súa gravata e eu sáco-me o chapeu, foron humillacións".
Celima Torrico engadiu que "me dicían que me civilizase, recibía insultos de señoras profesionais". "Eu entendo por civilizarse que entre tod@s traballemos pola igualdade de oportunidades e para que non haxa discriminación, buscando unha xustiza social".
Confesou que non pensaba en chegar a ser ministra, pero grazas á confianza do presidente Evo Morais, "vou por tres anos como ministra de Xustiza".
"No colexio de avogados de Cochabamba dicíanme que nese posto non merecía estar unha muller, unha campesiña, senón un xurista, un avogado, por iso agradezo a oportunidade porque eu non administro xustiza pero si coñezo o que é a inxustiza", relatou Celima Torrico.
"Como ministra de Xustiza non recibín ningunha invitación para a inauguración do ano xudicial, por exemplo, da aínda Corte Suprema de Xustiza, nin das súas autoridades".
Insistiu en que como muller, traballará pola xustiza social. "Temos que capacitarnos como mulleres para elixir en 2010 a mulleres alcaldesas, concelleiras, prefectas, ter máis mulleres pero co compromiso de loitar e de traballar polo ben do noso país Bolivia, Latinoamérica e o mundo".
Agregou que así como ela pola súa condición de muller indíxena, dixo que o presidente Morales tamén foi discriminado polos prefectos ou algunhas autoridades cívicas.
"Non aceptan aínda que unha muller campesiña estea traballando e encabezando o tema do acceso á xustiza, pero iso non nos asusta", salientou Celima Torrico.
"O meu desafío é traballar polas mulleres do campo, da cidade, profesionais, co único fin de acabar coa inxustiza e buscar unha xustiza social para todos e todas no noso país e para América latina, temos que dar o exemplo", finalizou a ministra de Xustiza boliviana.
Fonte: TeleSUR 07.03.2009
_____________
Importante Documentación:
- Nova Constitución Política do Estado de Bolivia aprobada no referendum do 25 de Xaneiro de 2009, en formato -pdf-
- Constituínte Soberana - Construción participativa de políticas nacionais de terra, territorio, e recursos naturais no marco da asemblea constituínte en Bolivia
- Resultados do Referéndum Contituinte celebrado o 25 de Xaneiro de 2009
- Bolivia no periódico dixital "Rebelión"
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon