domingo, marzo 08, 2009

Coidar a saúde, Protexer a vida

O Grupo de autoapoio "O Imán" da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Vigo, hoxe, xoves, día 5 de marzo, ás 11.30h da mañá, reunímonos na Praza da Independencia ao redor de 100 persoas, xunto ao banco situado fronte á tenda de deportes Jalda, para recordar con afecto e respecto á nova muller enferma, transeúnte na nosa cidade, que o pasado día 24, pola tarde, morría prematuramente.

En devandito encontro lemos unha reflexión sobre "Coidar a saúde, Protexer a vida"; acompañounos a música de Mª Xosé López que interpretou acompañada da zanfoña a canción "Cantarei" (letra e música de Tino Baz), depositamos flores e acendemos unha velas.

Intentamos sinalar pedagóxicamente a importancia da morte na soidade da rúa e que se debería crear un espazo de respecto, pudor, reflexión ... para que nenos, novos e maiores non actúen coma se nese espazo non pasase nada.

Achegamos documento reflexivo lido.

Atentamente.

Coordinador Grupo Imán
Antón Bouzas Alvarez
Praza da Independencia.
5 de marzo de 2009.
11.30h.

Benqueridas amigas e amigos:

Xuntámonos hoxe aquí, diante deste banco de madeira, onde o pasado día 24, nosa compañeira sentábase a eso das catro da tarde, con evidentes síntomas de atoparse mal, deitándose no banco do que mais tarde caería. Cando se achegou unha ambulancia non puideron facer nada para salvar a súa vida.

Na túa honra debemos dicir que toda persoa é única e irrepetible e, como tal, ti eras valiosa para a sociedade e agora es valiosa no noso recordo.

Apénanos non ter tido a sorte de pasar ese día onde agonizabas porque nos achegaríamos a ti, falariámoste, tocariámoste, chamariamos a unha ambulancia mentres tratariamos de achegarte os primeiros auxilios.

Salvar a túa vida, se fora posible, houbera sido moi valioso, por eso, este é un acto cidadá e político, é un acto de duelo que en grupo é mais fácil de asumir. A sociedade, no seu conxunto, debemos recuperar a intervención inmediata, urxente e solidaria cara calquera ser humano que podamos intuír que necesita da nosa intervención.

Se hai un cadáver no chan, nenos, mozos e adultos, debemos crear no seu contorno un espazo de pudor e respecto.

Benquerida compañeira, ti es un eslavón nesta cadea de evidencias que nos ten que dar folgos na construcción dunha sociedade mais humana e mais xusta, onde vaian atenuándose as conductas aporofóbicas e a exclusión social.

Hoxe temos necesidade de acollernos ás habilidades da resiliencia, que son as capacidades que temos as persoas ou grupos para seguir proxectándonos no futuro, a pesar de acontecementos desestabilizadores, de condicións de vida difíciles e de traumas, a veces, graves.

Lembramos a importancia de que o Centro de Emerxencia Social, xa en obras no edificio Hogar San Pelayo, se axilicen con suficientes orzamentos para que no menor tempo posible de respostas ás persoas mais enfermas e pobres da nosa cidade.

Collámonos das mans e gardemos un minuto de silencio por esta valiosa vida que se nos foi.

_________________

O grupo de autoapoio "O Imán" é un programa do U.A.D. do Concello de Vigo, que reúne persoas afectadas polo VIH/Sida e adiccións, e persoas solidarias con esta causa.

GRUPO O IMÁN
R/ Pintor Colmeiro, 9 baixo. 36211 Vigo
Tel. 986 482 247 - Fax. 986 483 019
http://www.imansida.org/
info@imansida.org
_____________________
"Cantarei" [letra e música de Tino Baz]


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon