domingo, marzo 08, 2009

Homenaxe, en Esteiro, ás vítimas do 11M2004

ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
avvfontelonga@mundo-r.com
8 de março de 2009 11:35


O vindeiro mércores día 11 de Marzo cúmprese o quinto aniversario dos asasinatos de Madrid, onde case 200 persoas perderon a vida. A Asociación Veciñal de Esteiro"Fontelonga" non queremos que se esqueza e imos, como cada ano, renderlle homenaxe e recoñecemento ás vítimas e reivindicar un mundo en xustiza e paz no que o terrorismo e calquera outra forma de guerra, non teñan cabida.

Ás 17 horas do citado día na Praza das Vítimas do 11M, no cruzamento das rúas Ánimas e San Ramón, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro, imos celebrar un acto aberto a toda a cidadanía.

Consistirá:

  • Lectura dun comunicado da Xunta Directiva de Fontelonga.
  • Ofrenda floral.
Interpretación de dúas melodías a cargo de dous gaiteiros.

A este acto está convidado o Alcalde de Ferrol e tódolos grupos Municipais , Centrais Sindicais e todo o tecido Asociativo da Cidade.

Agradecémosvos a difusión do acto e a asistencia ó mesmo.

Moitas Grazas.

Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga "
Asdo../Xosé Miguel López, presidente


CONVITE

Prezado/a amigo/a:

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro “ Fontelonga”, queremos convidarte ó acto de lembranza das Vítimas dos asasinatos do 11 de Marzo do 2004 en Madrid, no seu quinto aniversario.

Este acto terá lugar o mércores día 11 de marzo de 2009 ás 17 horas, fronte ó monumento erixido na súa honra no cruzamento das rúas San Ramón e Ánimas, preto do Pavillón Municipal de Deportes de Esteiro.

Agardamos contar con vós nese acto.

Saúdos afectuosos e moitas grazas.

X. Miguel López Pérez, presidente da A.VV. de Esteiro “ Fontelonga”.


_________________

ESTEIRO-FERROL
ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA
-avvfontelonga@mundo-r.com-

Web veciñal
Blog veciñal


A Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" vimos realizando unha campaña para que a Xunta de Galicia cumpra o seu compromiso de facer unha escola infantil pública en Esteiro
POR UNHA ESCOLA INFANTIL PÚBLICA EN ESTEIRO !
[ +Info]

_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon