domingo, marzo 08, 2009

Mulleres de Nixeria necesitan do noso apoio!

Rettet dean Regenwald e. V.
info@regenwald.org
8 de Marzo de 2009 13:39




Estimades amig@s:

As mulleres nixerianas da reserva forestal de Iguobazuwa están loitando para recuperar os seus territorios, os cales foron asignados á multinacional de orixe francesa Michelin para ser convertidas en plantacións de caucho sen o consentimento das comunidades. Michelín xa arrasou 3.500 hectáreas de bosques e cultivos. Trátase dunha das rexións ricas en bosques e en biodiversidade do país. Máis de 20.000 habitantes dependían do bosque para obter os seus medios de vida e as súas terras de cultivo atopábanse ao redor do bosque.

Por favor, involúcrese asinando unha carta de protesta que será enviada ao goberno de Nixeria, con copia ás oficinas de Michelin. Atopa un modelo de carta en:

www.salvalaselva.org

Axúdenos a difundir esta mensaxe.

Moitas grazas e un saúdo cordial

Guadalupe Rodríguez

Salva a Selva
www.salvalaselva.org

Tel.: 49 (0)30- 51736879
Berlin, Alemaña


Exitos recentes:

O Grupo de Reflexión Rural obtivo o seu programa de radio novamente, tras a protesta masiva de parte dos seus oíntes en Arxentina, á que os simpatizantes de Salva a Selva tamén contribuíron con miles de mansajes.

En México, logo da acción de protesta que difundimos durante o mes de febreiro, un dos grupos de comuneiros resistendo contra o parque eólico no Istmo de Tehuantepec comezaron a negociar a anulación dos contratos enganosos que se viron obrigados a asinar.
_______________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon