martes, marzo 31, 2009

Comisións Informativas de Participación Cidadá: Asuntos sobre o Regulamento


Participación Cidadá
-participacion@ferrol.es-
31 de Marzo de 2009 13:40


Estimados/as veciños/as

Achégase a acta da última sesión do GAP; ademais infórmase do seguinte:

  • O pasado día 23.03.2009 tivo lugar unha Comisión Informativa ordinaria na que se deu conta dos informes xurídicos; demandando a Comisión manter unha xuntanza co Secretario Xeral para aclarar os puntos informados, en especial o sistema de votación da figura do/da defensor/a da cidadanía.
  • Onte, 30.03.2009 mantense unha nova sesión -extraordinaria- da Comisión Informativa na que se acorda solicitar informes á FEMP, á FEGAMP e a diversos concellos que teñen regulado esta figura para que informen a secretaría xeral sobre o sistema de aprobación, funcionamento e duración. Esta última cuestión quere trasladarse ao GAP dende a Comisión, para que se regule a duración (5 anos, prorrogables durante outros 5; ou 4 anos, coincidentes co mandato, prorrogables por outros 4 anos). Na versión de 28.10.2008 a duración faise coincidir co mandato da corporación, simplemente.
Unha vez se realicen novos pasos, contactaremos de novo. De todos modos, estamos pensando nunha sesión de traballo (Participación e 5 forzas políticas), xa que estamos observando que voltan a xurdir dúbidas -nas Comisións Informativas- por exemplo sobre a participación das persoas a partir de 16 anos (achégase informe técnico que foi entregado na Comisión de Xaneiro), o sistema de aprobación do Regulamento en Pleno inicial e no final e outras cuestións que haberá que redactar de novo en base aos últimos informes e sobre as que desexamos exista o maior nivel de consenso (forzas políticas, GAP e foros cívicos). Tamén é preciso confirmar os pasos para a aprobación e as actuacións complementarias.

Un saúdo,

Área de Participación Cidadá E DEPORTES
Maica Rodríguez Freire, técnica en Participación Cidadá
Praza de Armas, s/n. 1º andar. 15402 Ferrol
Tel.: 981.944.015 / Móbil: 696.112.691
participacion@ferrol.es


Anexos.-
________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon