Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
13 de março de 2009 13:33
O BNG considera urxente axilizar os trámites administrativos para a súa construcción
Ferrol a 12 de marzo de 2009. O grupo Municipal do BNG invitou, esta maña, ao goberno local a que poña a disposición da Xunta os terreos necesarios para abrir unha galescola no barrio de Esteiro que axude a suplir a carencia de prazas en educación infantil que ten a nosa cidade e mais concretamente esta zona da cidade.
A concelleira nacionalista, Elia Rico, instou a edil de benestar social, Beatriz Sestayo, a axilizar os trámites administrativos para a construcción desta infraestructura.
O BNG considera máis urxente e necesario que a edil de benestar adique máis tempo a axilizar os trámites necesarios para buscarlle unha ubicación à segunda Galescola comprometida polo Consorcio Galego de Benestar para a nosa cidade, que por exemplo a vender mediaticamente proxectos xa en marcha e publicitados en varias ocasións como o centro de Día de Caranza.
Elía Rico dixo non comprender a pasividade do Goberno Local para co proxecto da segunda Galescola e asi mesmo manifestou que o BNG aposta por que esta sitúe no barrio de Esteiro.
O BNG quer lembrar que o Concello de Ferrol e a Vicepresidencia da Xunta de Galiza asinaron o pasado 15 de abril un protocolo de colaboración que na súa cláusula cuarta se recolle a súa vontade de colaboración no programa de construción, mantemento e xestión de dúas Escolas infantís..
Grupo Municipal do BNG
_______________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
BNG
Escolas Infantís
Elia Rico invita ao Goberno Local poñer a disposición da Xunta os terreos para abrir unha galescola en Esteiro
venres, marzo 13, 2009
Elia Rico invita ao Goberno Local poñer a disposición da Xunta os terreos para abrir unha galescola en Esteiro
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, marzo 13, 2009
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon