Entre os días 28 de marzo e 4 de abril, mulleres e homes de todo o mundo imos estar nas rúas para facer unha protesta contra o capitalismo e a guerra e dicir que non imos pagar por unha crise que non é nosa. Convocada pola Asemblea dos Movementos Sociais, a semana de mobilización esta marcada por tres grandes momentos:
- 28 de marzo: mobilizacións ao redor do cume do Grupo dos 20 (ou G-20), formado por representantes dos bancos centrais e gobernos de 20 países que representan dous terzos do comercio e da populación mundial e máis do 90% do produto mundial bruto, e tamén o Banco Mundial e do Fondo Monetario Internacional (FMI). O G-20 vai reunirse en Londres (Reino Unido), no principio de abril.
- 30 de marzo: día de mobilización contra a guerra e a crise e de solidariedade co pobo palestino. Esta data marca o Día da Terra Palestina e recorda un das masacres levadas a cabo por Israel contra os palestinos (en Galilea, no 1976). Foi elixida para dar impulso a unha campaña de boicot, desinversiones e sancións (BDS) contra Israel.
- 4 de abril: día que marca o aniversario de 60 anos da Otan - Organización do Tratado do Atlántico Norte, alianza de cooperación militar formada por países da Europa e polos Estados Unidos. A Otan vaise a reunir nos días 3 e 4 de abril en Baden-Baden e Kehl, en Alemaña, e en Estrasburgo, en Francia.
Ao longo desta semana e principalmente nestas datas, os movementos van dicir que, para enfrontarse á crise que hoxe vivemos (alimentaria, financeira, económica, climática, enerxética, migratoria), é necesario chegar á raíz dos problemas e construír unha alternativa ao sistema capitalista e á dominación patriarcal.
Fronte ás falsas solucións presentadas por empresas, bancos e gobernos para saír da crise como despedimentos, privatizacións de servizos públicos, recursos naturais e enerxéticos, que non fan máis que socializar as perdas, os movementos vai situarse esixindo urxentes como:
- A nacionalización da banca sen indemnización e baixo control social
- Redución do tempo de traballo sen redución do salario
- Medidas para garantir a soberanía alimentaría e enerxética
- Pór fin ás guerras, retirar as tropas de ocupación e desmantelar as bases militares estranxeiras
- Recoñecer a soberanía e autonomía dos pobos, garantindo o dereito á autodeterminación
- Garantir o dereito á terra, territorio, traballo, educación e saúde para todas e todos
- Democratizar os medios de comunicación e de coñecemento
- Ler a íntegra da Declaración da Asemblea dos Movementos Sociais, realizada no FSM 2009 en Belém
- Ver máis informacións sobre algunhas das accións xa programadas
- Saber máis sobre a campaña BDS (Boicot, Desinversiones e Sancións)
A Marcha Mundial das Mulleres na Galiza:
www.feminismo.info
___________________
Enlace relacionasdo:
Colectivo Ártabra 21: Nace a Rede Anticapitalista Galega (Ra!) para transformar un sistema que está a esmagar a humanidade e o planeta: 28 de Marzo, mobilizacións na Galiza
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon