xoves, marzo 05, 2009

A Mesa traballará para que o PP 'non desmantele a protección xurídica do galego'

Tags

Redacción . A Mesa pola Normalización Lingüística vén de anunciar que, tras a vitoria de Alberte Núñez Feixóo nas eleccións galegas, iniciará 'un traballo incansábel' para que o PP 'non desmantele a protección xurídica' do galego.
A Nosa Terra Dixital 03.03.2009 | 14:28

Cargando Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingúística Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingúística Así, a Mesa recordou o anuncio dos 'populares' de que a súa primeira medida sería derrogar o decreto que estabelece un mínimo do 50 por cento de ensino en galego algo que, apuntou, "suporía un retroceso na calidade do ensino" e "tería gravísimas consecuencias para a convivencia e para o futuro do idioma".

Na mesma liña, a Mesa advertiulle ao PP de que "tomar medidas contra o galego suporía unha fractura social" e reclamoulle que "non ceda á tentación das imposicións unilaterais" se non que "adopte unha postura construtiva coa lingua e a cultura" de Galiza.

Así mesmo, a Mesa pediulles aos populares que "deixen de mentir" xa que, "no ensino hai unha lexislación negociada no 2007 punto por punto co PP" e que é "idéntica á que o PP aprobou noutras comunidades autónomas como Baleares". Finalmente, a organización asegurou que "Galiza, coas propostas do PP, podería ser a única comunidade do estado con lingua propia que non gozase de ningún tipo de protección no sistema educativo".

Fonte:

A Nosa Terra
http://www.anosaterra.org/index.php

A Mesa
http://www.amesanl.org/index.asp
_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon