venres, abril 17, 2009

Comunicado da Federación Sindical Mundial co motivo do vindeiro 1º de Maio: "Día do Internacionalismo Proletario"

1 de maio de 2009: ¡Solidariedade internacional! ¡Coordinación militante internacional! BASTA de despedimentos. BASTA de explotación.

Compañeiros e compañeiras

O Primeiro de maio de 2009, a FSM envía saúdos militantes as traballadoras e traballadores, sen emprego, inmigrantes, as mulleres e á mocidade en todo o mundo e pídevos avanzar nun curso de forte contraataque coordinado do movimento sindical de orientación de clase para defender os nosos dereitos e os nosos logros.

O verdadeiro rostro da globalización capitalista está moi claro agora. Vémolo na inxustiza que existe no mundo, cunha concentración sen precedentes da riqueza en mans duns poucos, mentres que a abafadora maioría das persoas viven os días máis pobres da súa vida. As estatísticas demostran que o 1% da poboación mundial posúe o 40% do total da riqueza, mentres que o 50% da poboación mundial vive na miseria, utilizando o 1% da riqueza mundial. Na India, por exemplo, 48 persoas, multimillonarios, representan ¡o 30% dos ingresos nacionais do país!

Na última reunión da UNCTAD, un delegado africano describiu a situación neste continente, dicindo que o que está sucedendo agora é unha verdadeira transfusión á inversa. O sangue tómase dos países do necesitado Terceiro Mundo e flúe aos países capitalistas desenvolvidos en beneficio das multinacionais e os monopolios.

Actualmente, segundo datos oficiais das Nacións Unidas, a esperanza media de vida en países africanos como Zimbabwe é de 42 anos, en Nixeria e Liberia de 41 anos, 40 anos en Zambia e Angola e en Serra Leona de 37 anos. Esta imaxe mostra a cruel explotación dos imperialistas europeos e estadounidenses no Terceiro Mundo.

Tamén hoxe, nun período de profunda crise económica capitalista que se iniciou nos EE.UU., pasando despois a Europa e propagada en todo o mundo, a OIT estima que o desemprego aumentará aínda máis e o número de persoas desempregadas incrementarase de 190 millóns en 2007 a 210 millóns en 2009. As traballadoras e traballadores están perdendo os seus postos de traballo en todos os sectores, pero especialmente na industria da construción, banca, automoción, metal e turismo. O emprego a tempo parcial con salarios parciais converteuse na norma, co consecuente empeoramento das condicións de traballo, o ataque aos dereitos e liberdades sindicais, así como un impacto dramático sobre as persoas inmigrantes, que se ven obrigadas a regresar aos seus países de orixen.

Fronte a esta situación, a FSM e os sindicatos de orientación de clase non quedan de brazos cruzados. Nos lugares de traballo, en todos os países, en todas as industrias, organizamos a defensa e o contraataque. Promovemos as súas xustas reivindicacións. Estamos en conflito coas políticas dos capitalistas.

Unha iniciativa moi importante da FSM foi o Día Internacional de Acción que organizou o 1 de abril en 55 países de todo o mundo con folgas, manifestacións e moitas outras actividades. O 1 de abril, día internacional de acción contra a explotación do home polo home, demostrou que os traballadores de todo o mundo, dondequiera que estean, teñen a facultade de desenvolver unha acción en común e camiñar con confianza na loita, de estar unidos e ben organizados para facer fronte aos explotadores, porque teñen a razón.

Traballadoras, Traballadores,

Este ano, o Día do Traballo debe ser un día para unha mellor organización da nosa loita contra a explotación no mundo. A crise débena pagar aqueles que causaron, non a clase traballadora. Deben cesar os despedimentos e tomarse medidas xa para quen está en paro e para quen despiden. Elas e as súas familias tamén teñen dereito a vivir.

A FSM chama as traballadoras e traballadores,e aos sindicatos de todo o mundo a mostrar confianza nas súas forzas. Podemos ter éxito. Podemos seguir outro camiño. O exemplo da Revolución Cubana é brillante. Cincuenta anos gañan a batalla aos imperialistas, cincuenta anos de heroica traxectoria con principios, valores, ideais e superioridade. Temos experiencias e leccións que non podemos ignorar e que nos poden guiar. Existe a necesidade dunha coordinación internacional, solidariedade internacional e acción militante.

Traballadoras, Traballadores, desempregadas, inmigrantes, sen teito, labregas e labregas, xente do mar, ...

Neste día, o día máis importante para a clase obreira mundial, sentimos a necesidade de expresar o noso internacionalismo coa loita do pobo palestino que leva a cabo unha loita xusta. Estamos ao lado do pobo de Iraq, Afganistán e Paquistán, que loitan por expulsar do seu país as tropas estranxeiras.

Estamos firmemente co pobo de Venezuela, Bolivia, Ecuador e Nicaragua que loitan para abrir novos camiños para o seu futuro. Unimos a nosa voz á dos pobos de África para que se cancele a débeda dos países africanos. Apoiamos á clase obreira na rexión de Asia e Pacífico que viven en circunstancias difíciles. Seguimos tendo posicións comúns cos traballadores dos países árabes que están loitando contra os plans dos EE.UU., a OTAN e a Unión Europea para o denominado Novo Medio Oriente.

Estimadas compañeiras, estimadas compañeiras, ...

Nesta complicada e difícil contorna internacional necesitamos sindicatos militantes, de orientación de clase e activos. Necesitamos aos sindicatos en primeira liña para loitar polas vidas das persoas, pola paz, a democracia e as liberdades sindicais.

É necesario que os sindicatos eleven a conciencia da clase obreira e achanden o camiño para a súa liberación da explotación capitalista. Neste difícil pero fermoso camiño avanza a FSM.

¡Proletarias e Proletarios do mundo unídevos!

Federación Sindical Mundial

Oficinas Centrales en Atenas

40, Zan Moreas, 117 45 Atenas, GRECIA

Tel: +30210 9214417, +30210 9236700, Fax: +30210 9214517

E-mails: info@wftucentral.org, gensec@wftucentral.org

Web: www.wftucentral.org
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon