Veciñas e Veciños de Caranza están enviando cartas ao Alcalde de Ferrol, Sr. Irisarri, solicitando sexan atendidas as súas demandas e arranxen dunha vez o Colexio Público "Manuel Masdias"
Á ATENCIÓN DO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE FERROL
Eu como nai e veciña do barrio de Caranza (Concello de Ferrol), e sendo o C.E.I.P Manuel Masdías o único colexio público que hai a día de hoxe no barrio,
SOLICITO:
Qué o pavillón da escola Manuel Masdías sexa arranxado coa maior brevidade posíbel. Desde o paso do Klaus pola comarca as actividades que se viñan desenvolvendo cos nenos e nenas non é posible facelas sen arriscar a saúde e seguridade dos pequen@s. Penso que son uns danos consecuencia do temporal acaído e como tal se deben reparar o antes posíbel, non é algo “específicamente” dependente da concellería de educación polo que a partida orzamentaria non tería porque ser da dotación anual dese departamento como tantas veces se nos fai saber dicindo que non hai ornamento para o arranxo.
Qué se faga a dotación correspondente para a existencia do parque para as nenas e nenos de educación infantil. O primeiro día do curso 2008/2009 uns funcionarios do concello pasaron a retirada dos elementos que existían porque xa non cumprían a normativa. Pois ben, non aceptamos que a única alternativa que nos dea o concello sexa o de quedarnos sen esta dotación para o centro. ¿Cando vai haber dotación orzamentaria para isto? Si a normativa entrou en vigor ao mesmo tempo para tod@s ¿Por qué hai colexios que non están a sufrir esta situación?
Agardamos que desde o Concello sexan atendidas as xustas peticións que desde o barrio de Caranza estamos a facer, porque ao final de todo isto os únicos prexudicados son os nosos nen@s.
Caranza, 23 de abril de 2009
Pili Ces Rioboo
________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, abril 27, 2009
Demandas veciñais, en Caranza, na defensa do Colexio Público "Manuel Masdias"
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, abril 27, 2009
Tags
Artigos relacionados
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DEMANDA A CONVOCATORIA URXENTE DA XUNTA DE VOCEIROS P
- [O Decreto da morte do Galego no Ensino] Os pais galegos votarán en que idioma escolari
- “O Plan Boloña pon a Universidade ao servizo do Capital e actúa como barreira para as c
- Como axudo a Antón? Un conto contra o maltrato escolar, o chamado bullying, escrito p
- Hoxe 27 de Setembro de 2011, @s docentes da Galiza están chamad@s a secundar unha nova x
- En Ferrol na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta, ás 19:30 h
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon