Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com
- 22 de abril de 2009 16:02
Adxuntamos chamamento aberto á participación na convocatoria promovida pola CNT da Galiza para o 1º de Maio en Ferrol.
unionlibertaria.org
Av/ Esteiro 10, baixo Ferrol
unionlibertaria@gmail.com
Convocatoria 1 MAIO
Primeiro de maio anarcosindicalista en FerrolComo cada ano a clase traballadora sairá á rúa o primeiro de maio nunha xornada de loita e reivindicación. Nesta ocasión o anarcosindicalismo galego, da man da CNT, ven de convocar unha xornada unitaria na nosa cidade. Unha xornada enmarcada na crise económica que co lema Todos os días 1 de maio será a manifestación da dignidade da clase obreira, da reivindicación da xustiza social e a favor da emancipación das traballadoras e traballadores.
Para Unión Libertaria esta convocatoria é de especial importancia pola grandísima incidencia que a crise do capital está a ter na precariedade e no aumento do paro.
Unha crise que nos fan pagar a traballadoras e traballadores e coa que, de seguro, pretenderán argumentar novos recortes en dereitos e liberdades. Mais tamén é importante para nós porque por primeira vez en moito tempo o anarquismo galego escolle a nosa cidade para sacar adiante esta xornada de loita do primeiro de maio.
É por isto que, facendo nosa a convocatoria, dende Unión Libertaria realizamos un chamamento aberto á participación neste primeiro de maio do que esperamos un antes e un despois na nosa comarca.
A convocatoria é a seguinte:
Venres, 1 de maio de 2009
- Manifestación en Ferrol dos sindicatos da CNT
- na Galiza
- Saída ás 12:30 horas, do local da CNT en Ferrol
- (Avenida de Esteiro, 10)
- Mitin ás 14:00 horas, no mesmo local

Outro sindicalismo é posible!!
Un 1º de Maio AnarcoSindicalista
[+ Info na web da CNT]
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon