Amosando publicacións coa etiqueta CNT. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CNT. Amosar todas as publicacións

martes, abril 28, 2015

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra e o Sindicato de Oficios Varios da CNT, convocan en conxunto unha Manifestación en Ferrol, o vindeiro venres 1 de Maio, ás 6 da tarde, con saída do Cantón


No Día do Internacionalismo Proletario, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, convocan en conxunto co Sindicato de Oficios Varios da CNT unha Manifestación en Ferrol, o vindeiro venres 1 de Maio, ás 6 da tarde, con saída do Cantón e remate na Praza do 10 de Marzo (Entre As Pías e as Casa Baratas).

Participa no envento no facebook e difunde:
https://www.facebook.com/events/1390097747982799/

MANIFESTO UNITARIO DOS SINDICATOS QUE PARTICIPAN NA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE


PRIMEIRO DE MAIO, POLA DIGNIDADE

Neste Primeiro de Maio a Clase Traballadora continúa a loita contra o aumento da represión e da precariedade laboral e social, contra a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética e a falta de vivendas. Sobran motivos para a mobilización.

As reformas laborais serviron para que os empresarios conseguiran os seus obxectivos: ter traballadores e traballadoras sen dereitos. Banqueiros e capitalistas seguen aumentando os seus beneficios á costa do sufrimento e da miseria da meirande parte da poboación. Sen escrúpulos e coa complicidade de políticos lacaios que comparten os seus privilexios sosteñen tramas de corrupción que repugnan calquera persoa decente, condenando amplos sectores populares á pobreza máis severa.

Cando nun país seres humanos son desaloxados violentamente das súas vivendas, cando se corta a luz, a auga ou o gas a quen xa non os pode pagar máis, cando encher a cesta da compra é un acto épico, cando non existe ningunha estabilidade laboral e o empresario pode despedir ao seu bel-prazer, cando as pensións son miserables, cando a xuventude ten que emigrar, cando as listas de espera nos hospitais son interminables e a axuda á dependencia é unha burla mentres os gastos militares e policiais se disparan... a conclusión é que vivimos nun estado de excepción e de exclusión e que xa chegou o momento de dicir que xa abonda desta ditadura disfrazada de democracia.

A represión endureceuse para quen loita contra este sistema corrupto e inxusto desde os seus cimentos. A lexislación modificouse a tal efecto e os xuíces a executan sen pestanexar. A aplicación sistemática da prisión preventiva e o aumento do número de procesados, condenados e encarcerados por mobilizacións sindicais e sociais retrotráenos a épocas no que o aparato xudicial era un executor máis do estado totalitario.

Neste 1º de Maio dicimos "ou eles, ou nós". Imponse a necesidade da acumulación de forzas e a unidade da clase obreira e os sectores populares. Se, a unidade de clase é imprescindible nesta fase histórica do capitalismo, para desde aí poder afrontar con garantías o derrubamento do sistema e o empoderamento popular. De non ser así, non poderemos asinar o certificado de defunción deste capitalismo feroz.

Pero aquí dicimos que nós non lles temos medo. Soamente coa loita e a resposta contundente na rúa e nos centros de traballo poderemos combater os atropelos e a barbarie que Goberno e Capitalismo nos impoñen. Vainos nelas a liberdade e a posibilidade de vivir con dignidade e igualdade unha vida que mereza tal nome e na que os dereitos sociais sexan a garantía do desenvolvemento das persoas. Por iso nós continuaremos loitando contra o TTIP, nas Marchas da Dignidade, nos movementos antidesafiuzamento, e naqueles ámbitos nos que se denuncie a inxustiza como o que é: violencia institucionalizada.

Por todo isto, este Primeiro de Maio berramos:

BASTA XA DE REPRESIÓN!
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!
VIVA A CLASE OBREIRA! VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!

1 de maio de 2015





MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRATELÉFONO DE CONTACTO:
603 213 863

ENDEREZO DE CORREO-E:
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com


Enlaces de interese
.-

Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Redes da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra

Galiza:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg


Estado:
http://marchasdeladignidad.org/


PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!



Información baseada na enviada por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
28 de abril de 2015 01:30
___

sábado, abril 11, 2015

A Sección Sindical da CNT do Ateneo Ferrolán analiza a situación da entidade e formula as súas denuncias e demandas

Comunicado da Sección Sindical da CNT no Ateneo

A Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos denunciar as manobras do PP para con esta entidade:

Ante a demanda presentada pola empresa de mudanzas contra esta entidade @s traballador@s do Ateneo esiximos ao Concello gobernado polo PP, neste momento, que devolva o patrimonio desta entidade que mantén secuestrado e que é de toda a cidadanía e poder así desenvolver o noso traballo con normalidade e en igualdade de condicións. Reclamamos tamén a devolución dos espazos e metros cadrados da sede desta entidade durante 30 anos e que esta corporación négalle agora ao Ateneo. O goberno de Rey Varela trata de presentar de portas a fóra un compromiso con determinados valores, mesmo di apoiar actuacións encamiñadas a converter a nosa cidade en Patrimonio da Humanidade, pero o certo é que movido por resentimentos partidistas non dubida en comprometer un conxunto patrimonial.

O Concello de Ferrol non pode buscar evadir a súa responsabilidade nunhas actuacións, traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo, que se realizaron como consecuencia dunhas obras contratadas pola devandita administración.

DENUNCIAMOS: Que o Concello de Ferrol está a malgastar diñeiro público nos espazos do edificio do Ateneo, logo da inversión de máis de 1 millón de euros. Peches de salas de exposicións e de aulas para non ser utilizadas, buzóns, porteiros automáticos, telefonía... O peche dunha das salas supón non ter acceso ao sistema contraincendios do edificio nin acceso ao cadro das luces que temos denunciado por rexistro dende hai meses sen resposta. Así como as graves deficiencias de construcción e de acabados que presenta esta obra recén rehabilitada e recepcionada polo goberno do PP que temos presentado tamén por rexistro:
  • Calefacción que non funciona.
  • O material contraincendios que mostra irregularidades.
  • Humidades e goteiras na cuberta, nos pisos inferiores e na entrada polo patio.
  • Aseos coas pezas rotas ou descolgadas da parede.
  • Portas e fiestras que non pechan nos aseos e mal frisadas.
  • Balcóns do século XVIII nun estado deplorable.
  • Canalones atascados que filtran auga.
  • Saídas de emerxencia que non existen
  • etc.
Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos salientar a labor desta nova Xunta Directiva que, non sin atrancos, foron capaces de poñerse ao día no pago da Seguridade Social, Facenda e acadaron un acordo con nós, os traballadores, polas débedas de nóminas contraídas polo anterior equipo de Ramón Veloso. O Ateneo Ferrolán é unha entidade de carácter cultural, cun modelo de xestión económica que ocasiona un custo mínimo ó Concello, xa que hai 4 anos que non recibe ningún tipo de axuda ou subvención, cando durante décadas asinábase un convenio económico anual co Concello como múltiples asociacións seguen a ter en vigor.

A Sección Sindical da CNT no Ateneo responsabiliza ao goberno do PP e ao alcalde da cidade Rey Varela, ao que lle pedimos unha entrevista ao igual que a Directiva e non tivemos resposta, da posible perda de tres postos de traballo nunha comarca na que xa hai demasiada xente desempregada, por un conflito no que vémonos inmersos e a nosa situación laboral implicada, por non ter vontade dende esa corporación de buscarlle unha saída.

Ferrol a 10 de abril de 2015
--
Sección Sindical CNT do Ateneo Ferrolán

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
CNT Ateneo
-cntateneo@gmail.com-
11 de abril de 2015 12:09

_________

luns, outubro 27, 2014

Asemblea Aberta a todos os sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía en xeral - Organizar una mobilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir dende o estado e as súas institucións


Convocatoria dunha Asemblea Aberta a todos  os sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía en xeral

Día: Mércores 29 de Outubro.
Hora:  ás 20 h.
Lugar: Ateneo Ferrolán (Rúa Madalena 202-204).
Obxectivo: Realizar unha asemblea aberta coa intención de organizar una mobilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir.

Dende o Sindicato CNT de Ferrol invitamos aos demais sindicatos, organizacións e colectivos cidadáns e a toda cidadanía a participar nunha asemblea aberta coa intención de organizar una mobilización en resposta á escalada de represión sindical e social que estamos a sufrir dende o estado e as súas institucións.

A convocatoria é para o próximo mércores día 29 de outubro ás 20:00 horas, no Ateneo Ferrolán.

Temos que dar unha resposta na rúa ao intento de amedrentarnos e calarnos.

Se tocan a unh@, tócannos a tod@s. A rúa non é súa.

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/1389048941376267/

Enviado por:
ferrol@cntgaliza.org
-ferrol@cntgaliza.org-
25 de outubro de 2014 12:56

_________________________

venres, setembro 12, 2014

A Sección Sindical da CNT no Ateneo responsabilizamos ao goberno do PP e ao alcalde da cidade da posible perda dos nosos postos de traballo nunha comarca na que xa hai demasiada xente desempregada

Comunicado da Sección Sindical no Ateneo Ferrolán

Co motivo da demanda da empresa Mudanzas Felix contra o Ateneo Ferrolán por unha débeda contraida polo Concello de Ferrol e que agora non quere asumir, a sección sindical da CNT solicitamos unha entrevista co alcalde de Ferrol José M. Rey Varela, para solucionar este conflito que pon en perigo os tres postos de traballo que mantén o Ateneo.

A Sección Sindical da CNT no Ateneo responsabilizamos ao goberno do PP e ao alcalde da cidade da posible perda dos nosos postos de traballo nunha comarca na que xa hai demasiada xente desempregada. Quedamos á espera da súa pronta resposta para solucionar un conflito no que vémonos inmersos e a nosa situación laboral implicada, por non ter vontade dende esa corporación de buscarlle unha saída.

Denunciamos as manobras e as dobres varas de medir do Goberno do PP ás que ten sometido ao Ateneo Ferrolán e sinalamos como culpable ao alcalde Rey Varela, da situación creada pola persecución política que dende o seu goberno vén sometendo a unha entidade incómoda como é o Ateneo

Dende a CNT, comunicamos que estaremos presentes nas diferentes protestas e mobilizacións en apoio ao Ateneo Ferrolán, polo que acudiremos á concentración convocada polo Ateneo este martes día 16 ás 20 h. na Praza de Armas e facemos un chamamento á cidadanía para que acuda, non só pola defensa da Cultura libre senón que tamén, en defensa dos postos de traballo.

Ferrol, 10 de setembro, de 2014

Sección Sindical da C.N.T. no Ateneo Ferrolán

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
CNT Ateneo
-cntateneo gmail.com-
11 de setembro de 2014 13:30

____________________

xoves, xullo 31, 2014

A Sección Sindical da CNT do Ateneo Ferrolán denuncia irregularidades do goberno municipal

Dende a Sección Sindical da CNT queremos facer públicas as diversas irregularidades que esta a cometer o Concello de Ferrol contra o Ateneo Ferrolán e os seus traballadores e traballadoras.

Logo de ter reducido o espazo dispoñible usado polo Ateneo dende hai máis de 30 anos, despois das obras de rehabilitación de máis de 2 anos, que estivemos traballando dentro do edificio, un proxecto aprobado para albergar a esta entidade, o goberno do PP limita a súa capacidade en favor de outras asociacións “fantasma” ideoloxicamente mais afíns ó goberno municipal.

Tras dous anos de obras de rehabilitación, o edificio histórico cedido á entidade, tivo que volver a soportar máis obras a maiores para facer espazos pechados e acomodar así dentro do edificio aos seus amigos “fantasma” sen solucionar nen ter en conta que o edificio, como xa denunciamos en reiteradas ocasións, presenta grandes deficiencias de obra e de materiais utilizados na súa rehabilitación: segue a entrar a auga polo tellado, ventás que non pechan, portas rotas, wateres rotos e atascados, paredes cheas de humidade, o chan coa calefacción radiante cheo de filtracións de auga, chove dentro dos aseos .....

Escoitamos e lemos, con estupor, nos medios de comunicación cómo se legalizan edificios públicos, ata o momento de uso ilegal e concédense “licencias exprés” para empresas hosteleras que nin pagan impostos nin de consumo de auga e de electricidade dentro destos edificios supostamente para usos culturais, firmas de convenios e subvencións con asociacións que nada aportan á cidade, tan solo por “amiguismo”.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo, denunciamos as diferentes varas de medir que ten o grupo de goberno do PP no Concello de Ferrol para con esta entidade e o importantísimo patrimonio almacenado por orden do Concello dende hai máis de 3 anos nunha empresa de mudanzas. O Concello de Ferrol non pode buscar evadir a súa responsabilidade nunhas actuacións, traslado e almacenamento do patrimonio do Ateneo, que se realizaron como consecuencia dunhas obras contratadas pola devandita administración.

Dende a Sección Sindical da CNT no Ateneo queremos salientar a labor desta nova Xunta Directiva que hai escasamente 6 meses asumiron a xestión desta entidade e que, non sin atrancos, foron capaces de poñerse ao día no pago da Seguridade Social, Facenda e acadaron un acordo con nós os traballadores polas débedas contraídas polo anterior equipo de Ramón Veloso. O Ateneo Ferrolán é unha entidade de carácter cultural, cun modelo de xestión económica que ocasiona un custo mínimo ó Concello, xa que hai anos que non recibe ningún tipo de axuda ou subvención.

Non é admisible xogar de xeito interesado cun patrimonio de enorme valor para o conxunto da cidadanía e que presenta, como corresponde á súa natureza, un enorme risco de sufrir deterioracións que poden resultar en moitos casos irreversibles. O goberno de Rey Varela trata de presentar de portas fóra un compromiso con determinados valores, mesmo di apoiar actuacións encamiñadas a converter a nosa cidade en Patrimonio da Humanidade, pero o certo é que movido por resentimentos partidistas non dubida en comprometer un conxunto patrimonial, Biblioteca-Hemeroteca única en Ferrolterra, que mereceu múltiples recoñecementos a nivel internacional e que se ve sometido por problemas de conservación, cuestión que evidentemente se agrava tras un período tan prolongado de almacenamento dentro duns contenedores nun polígono industrial.

A CNT sinala como culpable da situación á persecución política que dende o goberno do PP se vén sometendo a unha entidade incómoda como é o Ateneo

Dende a CNT, comunicamos que calquera tipo de medida ou iniciativa que supoña un prexuízo aos intereses dos traballadores e traballadoras do Ateneo, atoparán unha resposta decidida por parte deste sindicato.

Sección Sindical da C.N.T. no Ateneo Ferrolán

http://www.cntgaliza.org/
_______________

martes, marzo 04, 2014

Comunicado do SOV CNT Ferrol en Apoio as Marchas pola Dignidade do 22 de marzo a Madrid

Comunicado en Apoio as Marchas pola Dignidade do 22 de marzo a Madrid

Ferrol. 28 Febreiro, 2014 - 17:59

Dende o SOV CNT Ferrol comunicamos que participaremos nas mobilizacións e asembleas que se convoquen na cidade en apoio as Marchas pola Dignidade convocadas para o 22 de marzo que confluirán en Madrid.

Mobilizarémonos contra este sistema que privatiza o rendible mentres recórtannos o presuposto en saúde, educación, dependencia, transportes públicos, auga, enerxía, comunicacións, servizos sociais, etc..,

Mentres a patronal, aproveitando o drama do paro masivo, aperta máis aínda, as roscas á baixa dos salarios e das condicións de traballo ás persoas que aínda teñen un emprego.

Traballadores e traballadoras que, ante a difícil situación, non poden nin sequera cuestionar o seu papel de meros explotados/ás polo capital. O sistema intenta obrigarnos a mostrar agradecemento aos empresarios, convertidos polo sistema en benfeitores da sociedade.

É hora de repartir o traballo e a riqueza, e que as persoas traballadoras poidan sentirse donas do seu futuro.

Facemos un chamamento a encher de dignidade as rúas.

En Ferrol a 27 de febreiro de 2014

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
Axenda Aberta
-axendaaberta@gmail.com-
3 de março de 2014 09:04

http://axendaaberta.blogspot.com/

________________

mércores, decembro 19, 2012

A CNT emite un novo comunicado de prensa en apoio os traballadores do Ateneo Ferrolan

Novo comunicado de prensa en apoio os traballadores do Ateneo Ferrolan

COMUNICADO DA CNT

Dende o SOV CNT – FERROL apoiamos a inciativa da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán que, a través dos seus traballador@s e ante a negativa do PP do Concello de Ferrol a facilitarlles as chaves da súa sede que ocupan dende hai 30 anos, optaron por entrar no edificio coa chave que sempre tiveron e que por dereito utilizaron.

Logo de máis de 2 anos de obras, os traballadores, por fin, poden reincorporarse aos seus postos e desenvolver a súa actividade con normalidade a espera da devolución do seu Patrimonio (que é de tod@s) e que semella queiran secuestrar desde o goberno do Sr. Rey Varela.

O edificio aberto ao público e á cidadanía logo da súa rehabilitación, pódese visitar e comprobar que a idea de compartir espazos coas asociacións afíns ao PP, a SAF e a AVV Zona Centro, só débese as ganas deste goberno de controlar e afastar o asociacionismo da cidade e non pola demagoxia utilizada do aforro económico.

O Partido Popular, no uso da súa maioría absoluta no Concello de Ferrol, pretende no próximo pleno do día 27 de decembro distribuír arbitrariamente os espazos do Ateneo, do mesmo modo que pretende facer desaparecer o seu nome asociado ao edificio e tutelar as actividades culturais desta entidade con máis de cen anos de historia na cidade de Ferrol, (so a ditadura franquista conseguiu pechar ao Ateneo). Ademais, entregará a unha empresa privada, como é EULEN (tamén familiar e afín ao PP), o servizo de vixilancia, mantemento, ... gastos do edificio que ate agora eran cubertos polo propio Ateneo.

Feitos que semellan provir do desexo non só, de acalar e controlar o tradicional desenvolvemento cultural da entidade en favor de Ferrol e da cultura galega, senón que tamén demostra o desexo do PP e desta dereita de privatizar a cultura, poñendo así en perigo os postos de traballo.

Dende a CNT estaremos atentos as manobras que dende o goberno do PP fagan con esta entidade, co patrimonio e cos traballadores apoiando ás reivindicacións e accións que por dereito plantexen ante o desmantelamento da cultura en xeral que na aplicación destas políticas están a levar a cabo.

Secretaria de Prensa e Propaganda.

Ferrol 15 de decembro de 2012

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
ferrol@cntgaliza.org
-ferrol@cntgaliza.org-
19 de dezembro de 2012 17:05

_______________