venres, setembro 12, 2014

A Sección Sindical da CNT no Ateneo responsabilizamos ao goberno do PP e ao alcalde da cidade da posible perda dos nosos postos de traballo nunha comarca na que xa hai demasiada xente desempregada

Comunicado da Sección Sindical no Ateneo Ferrolán

Co motivo da demanda da empresa Mudanzas Felix contra o Ateneo Ferrolán por unha débeda contraida polo Concello de Ferrol e que agora non quere asumir, a sección sindical da CNT solicitamos unha entrevista co alcalde de Ferrol José M. Rey Varela, para solucionar este conflito que pon en perigo os tres postos de traballo que mantén o Ateneo.

A Sección Sindical da CNT no Ateneo responsabilizamos ao goberno do PP e ao alcalde da cidade da posible perda dos nosos postos de traballo nunha comarca na que xa hai demasiada xente desempregada. Quedamos á espera da súa pronta resposta para solucionar un conflito no que vémonos inmersos e a nosa situación laboral implicada, por non ter vontade dende esa corporación de buscarlle unha saída.

Denunciamos as manobras e as dobres varas de medir do Goberno do PP ás que ten sometido ao Ateneo Ferrolán e sinalamos como culpable ao alcalde Rey Varela, da situación creada pola persecución política que dende o seu goberno vén sometendo a unha entidade incómoda como é o Ateneo

Dende a CNT, comunicamos que estaremos presentes nas diferentes protestas e mobilizacións en apoio ao Ateneo Ferrolán, polo que acudiremos á concentración convocada polo Ateneo este martes día 16 ás 20 h. na Praza de Armas e facemos un chamamento á cidadanía para que acuda, non só pola defensa da Cultura libre senón que tamén, en defensa dos postos de traballo.

Ferrol, 10 de setembro, de 2014

Sección Sindical da C.N.T. no Ateneo Ferrolán

http://www.cntgaliza.org/

Enviado por:
CNT Ateneo
-cntateneo gmail.com-
11 de setembro de 2014 13:30

____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon