No Día do Internacionalismo Proletario, as Marchas da Dignidade de Ferrolterra, convocan en conxunto co Sindicato de Oficios Varios da CNT unha Manifestación en Ferrol, o vindeiro venres 1 de Maio, ás 6 da tarde, con saída do Cantón e remate na Praza do 10 de Marzo (Entre As Pías e as Casa Baratas).
Participa no envento no facebook e difunde:
https://www.facebook.com/events/1390097747982799/
MANIFESTO UNITARIO DOS SINDICATOS QUE PARTICIPAN NA COLUMNA GALEGA DAS MARCHAS DA DIGNIDADE
PRIMEIRO DE MAIO, POLA DIGNIDADE
Neste Primeiro de Maio a Clase Traballadora continúa a loita contra o aumento da represión e da precariedade laboral e social, contra a corrupción xeneralizada, a privatización dos servizos públicos, a miseria enerxética e a falta de vivendas. Sobran motivos para a mobilización.
As reformas laborais serviron para que os empresarios conseguiran os seus obxectivos: ter traballadores e traballadoras sen dereitos. Banqueiros e capitalistas seguen aumentando os seus beneficios á costa do sufrimento e da miseria da meirande parte da poboación. Sen escrúpulos e coa complicidade de políticos lacaios que comparten os seus privilexios sosteñen tramas de corrupción que repugnan calquera persoa decente, condenando amplos sectores populares á pobreza máis severa.
Cando nun país seres humanos son desaloxados violentamente das súas vivendas, cando se corta a luz, a auga ou o gas a quen xa non os pode pagar máis, cando encher a cesta da compra é un acto épico, cando non existe ningunha estabilidade laboral e o empresario pode despedir ao seu bel-prazer, cando as pensións son miserables, cando a xuventude ten que emigrar, cando as listas de espera nos hospitais son interminables e a axuda á dependencia é unha burla mentres os gastos militares e policiais se disparan... a conclusión é que vivimos nun estado de excepción e de exclusión e que xa chegou o momento de dicir que xa abonda desta ditadura disfrazada de democracia.
A represión endureceuse para quen loita contra este sistema corrupto e inxusto desde os seus cimentos. A lexislación modificouse a tal efecto e os xuíces a executan sen pestanexar. A aplicación sistemática da prisión preventiva e o aumento do número de procesados, condenados e encarcerados por mobilizacións sindicais e sociais retrotráenos a épocas no que o aparato xudicial era un executor máis do estado totalitario.
Neste 1º de Maio dicimos "ou eles, ou nós". Imponse a necesidade da acumulación de forzas e a unidade da clase obreira e os sectores populares. Se, a unidade de clase é imprescindible nesta fase histórica do capitalismo, para desde aí poder afrontar con garantías o derrubamento do sistema e o empoderamento popular. De non ser así, non poderemos asinar o certificado de defunción deste capitalismo feroz.
Pero aquí dicimos que nós non lles temos medo. Soamente coa loita e a resposta contundente na rúa e nos centros de traballo poderemos combater os atropelos e a barbarie que Goberno e Capitalismo nos impoñen. Vainos nelas a liberdade e a posibilidade de vivir con dignidade e igualdade unha vida que mereza tal nome e na que os dereitos sociais sexan a garantía do desenvolvemento das persoas. Por iso nós continuaremos loitando contra o TTIP, nas Marchas da Dignidade, nos movementos antidesafiuzamento, e naqueles ámbitos nos que se denuncie a inxustiza como o que é: violencia institucionalizada.
Por todo isto, este Primeiro de Maio berramos:
BASTA XA DE REPRESIÓN!
PAN, TRABALLO, TEITO E DIGNIDADE!
VIVA A CLASE OBREIRA! VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!
1 de maio de 2015
MARCHAS DA DIGNIDADE DE FERROLTERRATELÉFONO DE CONTACTO:
603 213 863
ENDEREZO DE CORREO-E:
marchasdadignidadeferrolterra[arroba]gmail.com
Enlaces de interese.-
Ferrolterra:
http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/
Redes da Columna de Ferrolterra:
https://www.facebook.com/marchasdadignidade.ferrolterra
Galiza:
http://marchasdadignidade.blogspot.com/
Redes da Columna Galega:
https://twitter.com/galizaMarcha22M
https://www.facebook.com/MarchasDignidade
https://www.facebook.com/groups/265451853621237/
https://www.youtube.com/channel/UCaOvAhPYKR43taxbOKCCreg
Estado:
http://marchasdeladignidad.org/
PAN, TRABALLO E TEITO !!
Á RÚA QUE XA É HORA !!
Información baseada na enviada por:
Marchas Dignidade
-marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com-
28 de abril de 2015 01:30
___
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon