luns, abril 27, 2009

Rosas e roseiras

Tags

Por Yolanda Díaz
26.04.2009


Múrchase unha rosa que renunciou co xesto feo do interese persoal a continuar a escrita vermella que dende hai século e medio funda un futuro de emancipación e xustiza. Virán, están a vir xa, moitas rosas e caraveis ás ringleiras que soñan e coñecen que hai outro mundo posible e mellor que aquel o que se renden as rosas murchas que non ousan desafiar o tropismo do sol que máis quenta. Ao abeiro da refundación tecen os espazos colectivos do mañá as novas rosas que xorden das roseiras dunha tradición revolucionaria, as que se rebelan contra os que escriben un futuro pretérito de precariedade, exclusión e renuncias. No eido da esquerda son os proxectos políticos e de sociedade os que moven á militancia e ao activismo, son os proxectos elaborados en común, elaborados coa arxila poderosa do programa e a fraternidade compañeira; noutros espazos quizabes se valore a fotoxenia e os individualismos fachendosos, mais no ámbito da esquerda transformadora e polo socialismo non valen esas lerias. Na fráxil e invencible dorna da esquerda, o relevante, o que desafía as adversidades e anuncia o porvir é a roseira, non as flores. A primavera virá na constancia das roseiras, nesa fermosura colectiva que as moitas rosas da esquerda debuxan co seu traballo social e coa elocuencia das razóns que non renuncian a utopía. Adeus Rosa Aguilar.

eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
24 de abril de 2009 15:54

Prezad@s amig@s: enviamosvos un artigo de Yolanda Díaz sobre rosas e roseiras. Grazas pola atención prestada. Un saúdo, Ramiro Marier (Grupo Municipal de EU)
_____________

5 comentarios

Está moi ben, cada quen que escriba o que queira, aind aque non sexa en coherencia. Polo menos neste blog, podemos comentar novas relacionadas con EU-IU de Ferrol, non como acontece no seu propio blog, restrinxido ao público en xeral.

Hai que ver o concepto democrático que teñen algunhas/úns. Non á censura en EU-IU.

Non tocar a minch ... neste Blog, cos problemas internos de Esquerda "Unida", ide a un foro ou algo así, pois xa vin outros comentarios insultantes e de mal gosto o outro día por aquí ...

Suponse que haberá un administardor/a, e que se realmente son insultantes, quitaraos de inmediato, pero dame a min, que non se trata de insultantes, senón de discrepantes, que non é o mesmo. Os comentarios, comentarios son. Algúns/has non aceptades a liberdade de facelos, e así é que naguns blogs como o de IU Ferrol, non se poden facer. Non se pode ir de demócrata borrando e censurando todo rastro de discrepancia. Esto non é un insulto, é a realidade interna de EU-IU, e pode que de todo partido político clásico. Seguro que ao anónimo lle gustan máis estes comentarios: "Felicidades a Esquerda Unida de Ferrol e a Yolanda!", (polos excelentes resultados colleitados nas pasadas eleccións nacionais. Seguide así. Sempre orgulloso.)

Mentres haxa blogs libres, seguirei facendo os coomentario educados e conscientes que estime oportunos. EU-MESMO

Anónimo explicate máis e dinos cales son ese insultos que viches por aquí. O gusto é relativo, depende, cada un temolo noso gusto.

Que vergoña! Anda vaite!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon