Xosé Manuel Pazo Blanco
-manolopazo@gmail.com
- 2 de abril de 2009 16:14
A CIG-Ensino está empeñada en defender os postos de traballo e o carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no que se insiren as GALESCOLAS fronte á ofensiva do PP que manifestou as súas intencións privatizadoras satisfacendo así aos grupos empresariais e relixiosos que queren recuperar para si unha serie de servizos que estaban a prestar desde o ensino privado, fundacións e agrupacións confesionais. Para iso non tiveron escrúpulos en levantar unha campaña de difamación sen precedentes e que non se lembra a respecto de ningún centro de traballo ou administración na historia do noso país. A falla de escrúpulos destes grupos canalizaron a través de “La Voz de Galicia” os seus ataques conseguiron deixar moi danada a imaxe deste organismo da administración co obxectivo de proceder ao seu desmantelamento. Fronte a iso é importante unha reacción social co fin de frear este proceso involutivo que non só afecta aos traballadores e traballadoras que están sendo obxecto de toda clase de insultos senón aos propios servizos sociais que a nosa sociedade precisa así como políticas dirixidas á igualdade (Centros de I+B) ou á educación sexual (Centros Quérote) que están intimamente ligadas coa nosa actividade docente.
Por iso pregamos que sirvas de contrapunto informativo á campaña de intoxicación que estamos a sufrir e que asines no MANIFESTO de defensa dos postos de traballo e o carácter público do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Podes atopar máis información nestas ligazóns:
VÍDEOS
- Vídeos do peche
- Concentración diante da sede do PP en resposta ás declaracións de Núñez Feijoo cuestionando o futuro do Consorcio
- Rolda de prensa das presidentas dos Comités de Empresa, CIG e UGT
- Convocatoria de peche na defensa da continuidade do proceso selectivo no Consorcio
- Alcaldías do PP néganse a designar os membros para constituír os tribunais para as probas de acceso ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
- Que ocultan os insultos do PP aos traballadores/as do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar?
- O Consorcio anuncia que o proceso selectivo segue
- A CIG non aceptará nin a privatización nin o recorte de persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
CIG-ENSINO
Xosé Manuel Pazo Blanco
______________________
2 comentarios
O comentário anterior foi removido por conter ataques persoais.
Prega-se que se respeitem as normas de convivência requeridas neste Blogue para comentar.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon