eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
2 de abril de 2009 16:38
Prezad@s amig@s: vanvos nos arquivos as alegacións presentadas ao regulamento do comedor social. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA PRESENTA UN CONXUNTO DE ACHEGAS A REGULAMENTO DO COMEDOR SOCIAL
- UN BAREMO IGUALITARIO, A PROTECCIÓN DOS DATOS DOS USUARIOS E O DEREITO A SEREN INFORMADOS, EIXOS DAS PROPOSTAS DE MELLORA ELABORADAS POR ESQUERDA UNIDA
Roberto Artabe e Yolanda Díaz participaron na devandita Comisión achegando unha serie de suxestións ao obxecto de conquerir mellorar o texto presentado.
En particular fíxose fincapé en conquerir un baremo igualitario no que atinxe a idade e vivenda, evitando as posibles distorsións da puntuación, asemade incidir no segredo da historia social e sanitaria dos usuarios do servizo segundo lexislación en vigor, a Lei de Protección de Datos.
Yolanda Díaz Pérez, Voceira do Grupo Municipal de Esquerda Unida, achega a proposta de modificacións do Grupo Municipal de EU á Proposta de Regulamento de Réxime Interior do Comedor Social, levado a Comisón Informativa de Benestar de data 2 de abril de 2009.
As engádegas que o noso Grupo Municipal achega son as seguintes:
I.- De supresión, no artigo 3º, eliminar o apartado cuarto que di: Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa.
II.- De engadido, no artigo 5º,un apartado que diga: Coñecer e cumprir as normas que rixen o funcionamento do Centro.
III.- De engadido, no artigo 5º, un novo apartado: Gardar as normas de hixiene e aseo persoal.
IV.- De substitución, no artigo 6º, o apartado que di Ao sixilio dos datos... pola seguinte redacción: Manter o segredo dos datos da súa historia social e sanitaria consonte a Lei de Protección de datos.
V.- De engadido, no artigo 6º, un apartado que diga así: A ser informad@ do funcionamento interno e da oferta de servizos.
VI.- De substitución, no artigo 13 que os baremos de idade e vivenda sexan igualitarios ou sexan retirados.
Ferrol, 2 de abril de 2009
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Voceira do Grupo Municipal de EU
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon