BNG -bng@ferrol.es-
1 de abril de 2009 14:30
- Este acordo pon de manifesto o compromiso das administracións gobernadas polo BNG coa cidade de Ferrol e o seu patrimonio
- O DOG PUBLICA A RESOLUCIÓN POLA QUE SE INCOA O PROCEDEMENTO PARA A DECLARACIÓN DE FERROL VELLO COMO BEN DE INTERESE CULTURAL
Ferrol a 1 de abril de 2008. Este novo tramite administrativo que supón avanzar na protección, potenciación e recuperación do barrio de Ferrol Vello foi acollido polo grupo municipal do BNG con enorme satisfacción pola súa trascendencia. O portavoz nacionalista, Xoán Xosé Pita, afirmou que este feito revela o compromiso das administracións gobernadas polo BNG coa cidade de Ferrol e o seu patrimonio. Pita destacou a importancia deste novo trámite administrativo convencido de que a declaración de BIC para Ferrol Vello axudará a convertir esta zona de Ferrol nun novo referente urbanístico. Esta decisión é o reflexo máis evidente do respaldo e atención que a Consellería de Cultura, liderada polo BNG, ven prestando ao patrimonio cultural da nosa cidade.
A resolución tomada o pasado 27 de febreiro, polo Director Xeral de Patrimonio, e hoxe ratificada coa súa publicación no DOG, abre un paréntese de 20 meses de traballo que debe concluir coa declaración definitiva de BIC.
O BNG estará atento e fará un especial seguimento de todos os trámites precisos para lograr este obxectivo final e pídelle ao goberno municipal que se implique activamente nesta tarefa.
Grupo Municipal do BNG
____________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon