mércores, abril 01, 2009

Silencio participativo

Asociación Veciñal
-avvferrolvello@yahoo.es-
1 de abril de 2009 00:37



Desde a AVV FERROL VELLO queremos enviar un saúdo a todas as xuntas directivas do movemento asociativo vecinal desta cidade.

A todos aqueles compañeiros que entran por primeira vez en cargos de responsabilidade, mostrando unha sensibilidade e unha coraxe á hora de resolver e facer seus os problemas cotiáns de cada barrio, como daquelas directivas cuxa experiencia e anos de traballo aínda seguen dando resultados satisfactorios como o primeiro día.

A unhas e outras noso maior respecto e consideración.

Agora ben:

Do mesmo xeito que mostramos o noso respecto a todas aquelas persoas que cren nas solucións e no traballo asociativo.

Queremos manifestar o noso malestar e indignación ante o que nos parece unha burla e unha falta de consideración por parte dunha administración pública como o concello de Ferrol, ante un proceso de participación cidadá que en contra do que debería ser un intento de democracia participativa, onde cidadáns e administración falen un mesmo linguaxe, a linguaxe das ideas, o esforzo e a colaboración mutua que fagan de Ferrol un referente de participación e optimismo. Estéase convertendo nunha ridícula broma que se eterniza no tempo.

Por este motivo, desde a nosa entidade vecinal propoñemos convocar ao GAP xunto con todas aquelas entidades que crean e defendan un proceso participativo real e comprometido a unha reunión para debater e analizar a situación actual que atravesa o proceso de participación cidadá, e consensuar si se considera necesario un documento que explique os motivos que xeneran o estancamiento do reglamento de participación cidadán e de todo o proceso participativo, e ata plantexar a posibilidade de convocar ao foro cívico pois consideramos que como membros do GAP temos a obrigación de explicar ao resto de entidades asociativas e cidadáns interesados, a grave situación en que se atopa todo o proceso participativo.

Esperamos as vosas suxerencias á hora de decidir data e lugar do encontro.

Un saúdo desde o Conxunto Histórico de FERROL VELLO.

A. VV. FERROL VELLO Xunta Directiva C/ Curro, 1. 15401 - FERROL Tlf./fax: 981.356842 Móvil: 638176108 avvferrolvello@yahoo.es
____________________________

1 comentarios so far

Dende este medio quero denunciar as practicas antidemocráticas que se veñen practicando dende ahi tempo na organización local de EU-IU. A última falcatruada antidemocrática da executiva local de EU-IU de Ferrol foi censurar o acceso público ao seu propio blog. Como ben coñecemos @s ferroláns, o grupo municipal ten antiestaturiamente atribuida plena capacidade de manobra de espaldas á militancia, recentemente a Asemblea do Consello local, rexietou as valoración dos resultados electorais feita pola executiva e pediu responsablidades a resposta é a non comparecencia, o silencio e propoñer calquer pacto co PSOE eo BNG. Gran lucidez a da executiva, gran favor lle están facendo a esta organización, bos augurios lle esperan n futuro máis inmediatos, unha vez máis a actitude das elites esquerdaunidianas, e censurar, calquera crítica interna, e matar ao mensaxeiro. Yolanda, Allegue & Cía, DEMISIÓN!!!!!!!!!!!!!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon