mércores, abril 01, 2009

Na defensa da liberdade de expresión, Solidariedade coa compostelán Sala Nasa

"Nos últimos meses a Sala NASA foi obxecto de duros ataques por parte do Partido Popular e de asociacións vencelladas a el, tratando de criminalizar a súa actividade cultural, solicitando a retirada de todas as axudas públicas e mesmo pedindo o peche da sala".


"Estes ataques ademais viñeron carregados de insultos persoais que atentan contra a honra das persoas que dirixen a sala, pero tamén da descalificación absoluta das persoas que asisten ás actividades programadas. Consideramos que estes feitos constitúen un ataque inaceptable non só contra a Sala NASA, contra os seus traballadores, contra os artistas e contra os espectadores, senón contra todo o sector cultural da cidade de Santiago de Compostela e, por extensión, contra a convivencia, a tolerancia e a liberdade de expresión".

Polo mantemento da biodiversidade cultural
Polo dereito a pensar distinto
Pola tolerancia
Pola liberdade de expresión
________________

Nave de Servizos Artísticos
R/San Lourenzo,51-53 B
15705 Santiago de Compostela,
A Coruña - Galiza
Tel: +34 (981) -573998
Fax: +34 (981) -587321
info@salanasa.com
http://www.salanasa.com/

_______________

Máis info en:

http://seioque.com/index.php/ecramcaro/com-a-nasa-na-rua

_________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon