A Mesa pola Normalización convoca en Ferrol un acto en defensa da lingua galega, ás 12 do mediodía na Ptraza do Concello e un posterior pasarúas pola cidade.
Nos últimos meses, repetiuse desde diferentes grupos de poder a falaz idea de que hai un proceso de “imposición del gallego”, presentando, con cinismo, o mundo ao revés. A realidade do día a día e todos os estudos sobre o tema desmontan esa mentira. Así, o Consello de Europa advertiu nun contundente informe de finais de 2008 que en Galiza non se están a cumprir tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos e que non hai garantías mínimas para este idioma en sectores tan importantes como o ensino, os servizos públicos, a xustiza ou os medios de comunicación. Así mesmo, a Real Academia Galega vén de publicar un estudo sinalando que en doce anos se reduciu á metade a cantidade de persoas que fala habitualmente en galego. Perante a necesidade de respostas por parte da sociedade galega, animamos a continuar na recollida de apoios a este manifesto e a participar nos actos de mobilización en defensa da nosa lingua,
En Ferrol na Concentración na Praza do Concello ás 12 horas e posterior pasarrúas polo centro da cidade.
E a Manifestación Nacional convocada para o 17 de Maio ás 12 horas desde a Alameda de Santiago de Compostela.
A Mesa fletará un autobús desde Ferrol para que o día 17 se poidan desprazar a Santiago, á manfestación a favor do galego, cantas persoas o desexen. Para reservar praza no autobús hai que chamar ao teléfono 981 56 38 85.
Apoia io Manifesto:
“Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego”
A Mesa:
www.amesanl.org
_____________________
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
venres, maio 08, 2009
Concentración pola lingua en Ferrol: Sábado 9 de Maio ás 12 do mediodía
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan venres, maio 08, 2009
Tags
Artigos relacionados
- En galego día a día Mantemos o galego vivo día a día Día a día para as nosas fillas
- 17 de maio.Precisamos do galego: xustiza, igualdade e cohesión Este 17 de maio defendem
- Por Xosé María Dobarro [*]07.06.2021Con frecuencia escoitamos falar das bondades da UE e
- “O outro día o presidente Feijoo dicía de nós que queriamos patrimonializar a lingua.
- FERROL, DE FRORES CUBERTO Este venres 10 de maio celebramos a IV edición dos nosos maio
- Por André Abeledo Fernández [*]10.11.2020Na Galiza en galego para seguir sendo gale
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon