INFORMACIÓNS DO GRUPO MUNICIPAL ESQUERDA UNIDA
Ferrol,12 de maio de 2009
- O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALLA DE MANTEMENTO DO LAVADOIRO DE CANIDO
- YOLANDA DÍAZ URXE UNHA ACCIÓN REPARADORA URXENTE NO LAVADOIRO E UN PROGRAMA DE MANTEMENTO ESTABLE DESTES ESPAZOS NA NOSA CIDADE
O lavadoiro atópase nunha zona privilexiada da cidade pola inmediatez coa natureza e como miradoiro cara A Malata e non se merece o tratamento desatento que reflicte o seu actual estado. Os investimentos que se fan na cidade semellan particularmente inútiles cando non contan cun adecuado mantemento, que os faga aproveitables con seguridade para a nosa cidadanía.
As instalacións do lavadoiro de Canido requiren un mantemento que non deixe aos nenos e nenas que até aí se acheguen co risco de sufrir unha ferida, ou reduzan a calidade do espazo polo descoido e falla de limpeza, que o actual estado do lavadoiro trasluce.
O Grupo Municipal de Esquerda Unida demanda que dende o Goberno Municipal se faga un mantemento continuado e estable destes espazos cidadáns. Mantemento que é esixible e semella indispensable para asegurar a seguridade e a calidade para o ocio destes espazos.
Enviado por:
eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
-eu-ferrolterra@esquerdaunida.org-
12 de maio de 2009 12:07
Estimad@s amig@s: vaivos no arquivo un Informacións do Grupo Municipal de EU sobre a situación de falla de mantemento do lavadoiro de Canido e a necesidade de estabelecer unha programación de mantemento destes espazos. Grazas pola vosa atención. Un saúdo, Ramiro Marier
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon