O Colectivo Ártabra 21 acordou apoiar os diferentes actos e mobilizacións que se están a desenvolver na nosa Comarca ao redor do Día das Nosas Letras e na defensa do Galego e a grande Mobilización Nacional de Santiago de Compostela
A interesada manipulación da realidade da nosa língua, vai desde a afirmación de que o castelán está en perigo, até os que negan que o galego é un idioma. Non hai maior aldraxe ao noso pobo, que negarlle un sinal de identidade como é a Lingua. Aos enemigos do galego, non lles chegou coa "Doma e Castración do Reino da Galiza", cos "Anos Escuros" e a "Longa Noite de Pedra" da dictadura franquista. Agora pretenden acadar o seu obxectivo histórico de acabar co Galego, retirando a leve proteción que tiña o noso idioma [coa anunciada - xa co envio de circulares aos centros- derrogación do Decreto 124/07 polo que se regula o uso e promoción da nosa Lingua no ensino], ou hoxe mesmo, que o super Delegado da Xunta n'A Coruña, manifestaba que recuperar o "La" d'A Coruña estaba dentro da súa axenda de prioridades.
Diante desta situación e das anunciadas políticas do goberno da dereita na Xunta de Galicia, contra a nosa Lingua, as galegas e galegos estamos chamad@s a manifestar-nos na defensa da língua, a lingua propia da Galiza, a nosa Lingua Nacional, a lingua que nos une e nos fai ser un pobo.
Temos que saír á rúa para defender o noso dereito inalienábel como pobo a que a nosa lingua sexa oficial, protexida, promovida, apoiada, falada, ensinada, respetada, ... e que merece un estatus privilexiado no seu propio territorio, pois o Galego é a lingua propia de Galiza. Como dicia Ramón Piñeiro, a quen se lle adica este ano a Festa das Letras, "a lingua vén a ser a alma viva do pobo que a fala".
É por iso polo que imos participar e chamamos a que se participe, este Sábado, 16 de Maio, ás 12 do mediodía, en Ferrol, na Praza Rosalia de Castro, no Acto Aberto e Unitario que vai ter lugar, co obxectivo que nos une: a defensa do Galego, a lingua propia da Galiza. E o domingo 17 de Maio, día das Nosas Letras, tamén ás 12 do mediodía, vai ter lugar unha grande mobilización en Compostela. Dúas Plataforma con múltiples apoios chaman á cidadanía a manifestar-se nunha marcha que percorrerá as rúas de Compostela desde a Alameda, enchendo a cidade de cor e reivindicación do Galego como lingua nacional, como lingua con dereitos inalienábeis que imos defender.
Quen queira desprazar-se até Compostela en Autobús ten a posibilidade de face-lo apuntando-se nos telefonos que figuran no cadro de abaixo:
Enlaces relacionados:
_________________
Lexislación en vigor e xurisprudencia sobre proteción e promoción do galego:
- SENTENZA do Tribunal Supremo sobre o topónimo da Coruña. (5/7/2006)
- LEI 12/2005, de 22 de xuño, pola que se modifica o artigo 23 da Lei de 8 de xuño de 1957, do Rexistro Civil (BOE 23/06/2005)
- LEI 40/1999, de 5 de novembro, sobre nome e apelidos e orde dos mesmos. (B.O.E. nº 266: 6/11/99)
- REAL DECRETO 193/2000, de 11 de febreiro, de modificación de determinados artigos do Regulamento do Rexistro Civil en matéria relativa ao nome e apelidos e á orde dos mesmos. (B.O.E. nº 49: 26/2/2000)
- LEI 3/1983, de 15 de xuño, de NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA (D.O.G.:14/7/83)
- LEI 5/1988, de 21 de xuño, de Uso do Galego como Língua Oficial polas Entidades Locais. (D.O.G.:30/6/88)
- DECRETO 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo. (D.O.G.:29/6/07)
- ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE CASTELA E LEÓN, reformado por L.O. 4/1999. Artigo 4 polo que se recoñece respecto e protección á lingua galega.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon